Fondos
11. Expedientes de deslindes
-
236/1. Expediente de deslinde e amolloamento do monte A Gándara e As Penizas - Guillarei (1965)
-
236/2. Expediente de deslinde do monte Costa de Oia e Chans (1966-1969)
-
236/3. Expediente de antecedentes de deslinde do monte Chans-Robaliño en Caldelas de Tui (1971)
-
236/5. Expediente de deslinde de fincas en Ribera de Caldelas (1978)
-
236/6. Expediente de deslinde de terreos en Randufe Rebordáns (1981-1983)
-
236/7. Expediente de deslinde de terreos en Laranxeiras (1982)
-
235/20. Expediente de deslinde dos montes comunais das parroquias de Regueiro e Malvas (1861)
-
235/21. Expediente de deslinde do monte "A Gándara" de Guillarei (1924)
-
235/23. Expediente de deslinde do monte "A Gándara"-Guillarei (1963-1964)
-
235/25. Documentación sobre o deslinde dos montes de A Gándara e As Penizas - Guillarei (1964)
-
3.236/4. Expediente de deslinde do terreo da escola de As Chans do Carrasco (1986)
-
3.236/5. Expediente de deslinde do río Louro entre Os Valos e O Penedo (2000)
Expedientes de deslindes
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.2.3.11
Título Expedientes de deslindes
Data(s) 1861 - 2015 (Creación) 2015 - (Produción) - 2015 (Produción)
Volume e soporte 4 unidades de instalación con 21 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente no que se sinalan e distinguen os termos dun lugar, parroquia, concello ou propiedade. Teñen especial interese porque delimitan o territorio das parroquias e dos concellos, fonte de moitos litixios, aportando os documentos oficiais e a planimetría dos mesmos en moitos casos, sendo de utilidade para outros concellos, administracións e particulares. A maior parte da información procede do Instituto Xeográfico Nacional e dos organismos oficiais implicados na ordenación do territorio.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)