Fondos
1. Expedientes de recrutamento
Expedientes de recrutamento
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.12.1
Título Expedientes de recrutamento
Data(s) 1874-2001 (Creación) 1874-00-00 - 1938-00-00 (Produción)
Volume e soporte 89 unidades de instalación con 222 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series que recolle tódolos trámites relacionados coas quintas e veñen xerados a partir das funcións atribuídas ós concellos, en canto administración participante no proceso de recrutamento de quintos. Son expedientes anuais tamén denominados expedientes de alistamento, provindo ese carácter xeral en que aglutina diversas operacións relacionadas coas quintas como alistamento, clasificación e revisión e distribución do continxente previas ó servizo militar obrigatorio. Conteñen os expedientes persoais dos quintos, como expedientes individuais tramitados a cada un dos mozos encadrados dentro do reemprazo anual, no referente ó seu alistamento; os expedientes de revisión de quintos, instruídos para o control das altas e baixas do persoal reservista, é dicir, de aqueles quintos que unha vez rematadas as súas obrigas activas no servizo militar, pasan ó licenciarse a situación de reserva podendo ser recrutados de novo, ata unha certa idade, se as especiais e excepcionais situacións da defensa do Estado así o precisasen. Os padróns de alistamento, nos cales se rexistran un por un, todos e cada un dos quintos que se alistan para a súa posterior recruta, cos seus datos identificativos básicos. Son formar parte do expediente xeral de quintas, no cal caso non se debe separar.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)