ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

REPRESENTACIÓN DO PERSOAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36033.AM.MOS.1.2.4.5

  • Título REPRESENTACIÓN DO PERSOAL

  • Data(s) 1986-2015 (Creación) 1986-00-00 - 2015-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 16 unidades de instalación con 68 agrupacións documentais agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª División de sección 2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL, ten unha única serie documental: 2.4.5.1.- Representación do persoal Recolle un amplo espectro documental relacionado coa actividade sindical de reivindicación, negociación e solución de moitos asuntos relacionados coa defensa dos dereitos do persoal funcionario e laboral dos concellos; entre eles destaca a documentación relacionada coa negociación dos convenios colectivos, coas folgas de traballadores e coas eleccións sindicais e a formación dos diferentes órganos de representación sindical (Xunta de persoal, Comisión Paritaria, Comité de Empresa...). Os convenios colectivos supoñen un pacto ou acordo resultante da negociación desenvolta polos representantes dos traballadores e a corporación, libremente adoptado por eles en virtude da súa autonomía colectiva e supoñen na práctica un texto que recolle dito pacto ou acordo, especificando polo miúdo os dereitos e deberes dos traballadores afectados, complementando á lexislación estatal ou autonómica.

  • Organizació

    Esta 2ª División de sección está conformada por unha soa serie documental, a saber:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.4.- PERSOAL
    
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL:
    
    2.4.5.1.- Representación do persoal

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición