Fondos
QUINTAS E MILICIAS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36033.AM.MOS.1.3.12
Título QUINTAS E MILICIAS
Data(s) 1930-2002 (Creación) 1930-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Volume e soporte 34 unidades de instalación con 118 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Mos
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 1ª División de sección contén documentación xerada a partir da colaboración da administración local coa central en todo o relacionado co recrutamento de mozos que debían incorporarse ó exército, sendo os concellos unha institución privilexiada en canto ás actividades desenvoltas no proceso. Así mesmo, e por extensión, abrangue todo o relacionado coas misións encomendadas ós concellos como entidades locais colaboradoras co exército do Estado, en calquera tipo de asunto militar ou defensa exterior. As funcións de recrutamento de soldados para o exército do Estado, teñen orixe nas milicias cidadás da época dos Reis Católicos se ben, para falar con propiedade de quintas, habería que remontarse ó recrutamento forzoso ou servizo militar obrigatorio establecido no reinado de Carlos III (1770). Non obstante, esta 1ª División de sección de quintas pódese considerar como unha 1ª División de sección pechada, posto que no ano 2001, inclusive, finalizou a obriga de realizar tanto o servizo militar obrigatorio como a prestación social substitutoria, deixando, polo tanto, de xerarse os expedientes desta 1ª División de sección e de exercer os concellos as súas funcións militares.
Organizació
Esta 1ª división de sección 3.12. QUINTAS E MILICIAS contén as seguintes series documentais: 3.- SERVIZOS: 3.12.- QUINTAS E MILICIAS: 3.12.1.- Expedientes de recrutamento 3.12.2.- Censos de requisición militar 3.12.3.- Mutilados de guerra 3.12.4.- Expedientes de obxección de conciencia 3.12.5.- Libro rexistro de revistas 3.12.6.- Correspondencia de Quintas
Ãrea de notas
Nota