ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

GOBERNO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..1

  • Título GOBERNO

  • Data(s) 1836-2019 (Creación) 1836-00-00 - 2019-08-02 (Produción)

  • Volume e soporte 399 unidades de instalación con 9.317 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Poio

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños. O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores. A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual. Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais. Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños. Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).

  • Organizació

    Esta sección, GOBERNO, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais:
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO:
    
    1.1.1.- Expedientes de división territorial
    1.1.2.- Expedientes de Entidades Locais Menores
    1.1.3.- Expedientes de mancomunidades
    1.1.4.- Expedientes de constitución do Concello
    1.1.5.- Expedientes de sesións do Pleno
    1.1.6.- Expedientes de cargos municipais
    1.1.7.- Mocións
    1.1.8.- Libro de actas do Pleno
    1.1.9.- Ordenanzas e regulamentos
    1.1.10.- Convenios
    1.1.11.- Expedientes de xuntas veciñais
    1.1.12.- Expedientes de sesións do Centro de Desenvolvemento Local
    1.1.13.- Documentación de Asociacións
    1.1.14.- Expedientes da Comisión Xestora
    1.1.15.- Expedientes de sesións da Xunta do Partido
    1.1.16.- Libro de actas da Xunta do Partido Xudicial
    1.1.17.- Libro de seguimento de acordos
    1.1.18.- Rexistro de Entidades Locais
    
    1.2. ALCALDE:
    
    1.2.1.- Correspondencia da Alcaldía
    1.2.2.- Certificacións e informes da Alcaldía
    1.2.3.- Decretos. Resolucións
    1.2.4.- Libro de resolucións da Alcaldía
    1.2.5.- Bandos. Edictos
    1.2.6.- Libro rexistro de bandos
    1.2.7.- Libro rexistro de edictos
    1.2.8.- Expedientes de protocolo
    1.2.9.- Heráldica municipal
    1.2.10.- Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo
    1.2.11.- Expedientes xudiciais da Alcaldía
    1.2.12.- Libro de comunicacións da Alcaldía
    
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE
    
    1.3.1.- Libro de actas da Comisión Municipal Permanente
    1.3.2.- Libro de actas da Comisión de Goberno
    1.3.3.- Libro de actas da Xunta de Goberno Local
    1.3.4.- Expedientes de sesións da Comisión Municipal Permanente
    1.3.5.- Expedientes de sesións da Comisión de Goberno
    1.3.6.- Expedientes de sesións da Xunta de Goberno Local
    
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS
    
    1.4.1.- Libro de actas de Comisións Informativas
    1.4.2.- Expedientes de sesións de Comisións Informativas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición