ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

PRESUPOSTOS ORDINARIOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..4.1.2

  • Título PRESUPOSTOS ORDINARIOS

  • Data(s) 1844-2017 (Creación) 1844-00-00 - 2017-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 1.088 unidades de instalación con 1.497 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Poio

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A obriga de elaborar un presuposto ordinario por parte dos concellos aparece co Real Decreto de 23 de xullo de 1835. Así se mantén nas distintas leis municipais de 1845,1856,1868,1870,1877, Estatuto de 1924, lei de 1945, 1985 e lei 39/88 reguladora das facendas locais. Todas elas regulan como deben ser as características do presuposto e a súa normalización e obrigatoriedade para tódolos concellos. Coa Lei 7/85 de Réxime Local e o Texto Refundido aprobado por R.D. 781/86 establécese un presuposto único denominado “presuposto xeral”, desaparecendo definitivamente os extraordinarios, adicionais ou de investimentos.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección 4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS contén as seguintes series documentais:
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS:
    
    4.1.2.1.- Expedientes de financiamento. Créditos
    4.1.2.2.- Expediente xeral do presuposto ordinario
    4.1.2.3.- Estatísticas presupostarias
    4.1.2.4.- Expediente xeral do presuposto Padroádego Municipal Monte Santa Trega
    4.1.2.5.- Expediente xeral do presuposto da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais
    4.1.2.6.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego de Turismo

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición