Fondos
7. Mocións
-
33/5. Moción presentada por Valeriano Deza e Daniel Poyán sobre plan de camiños veciñais do distrito
-
34/4. Moción sobre o encanamento de augas e aproveitamento de mananciais no municipio
-
33/13. Moción sobre a supresión de conducións profesionais de mortos polo casco urbano do municipio
-
34/11. Moción do Concello de Irún sobre medidas de seguridade nos portos
-
34/13. Moción presentada polo Partido Comunista de Galicia sobre situación política en El Salvador.
-
34/16. Moción presentada polo Partido Comunista de Galicia e PSOE sobre a entrada de España na OTAN.
-
10.421/3. Moción presentada polo BNG sobre cátedras deportivas nos colexios do municipio
-
10.421/5. Moción presentada polo BNG sobre ampliación da rede de augas na Lagoa
-
15.216/2. Moción presentada polo BNG sobre análisis completos da auga de traída municipal
-
15.664/6. Moción sobre a contratación temporal de persoal para o servizo de limpeza municipal
-
15.664/8. Moción presentada polo Grupo Municipal do BNG sobre medidas municipais contra incendios
-
15.698/3. Moción sobre a necesidade dun novo local destinado a matadoiro
-
17.395/6. Moción sobre homenaxe e pesar pola morte do poeta Celso Emilio Ferreiro
-
18.241/2. Moción sobre a ampliación de puntos de luz e iluminación no distrito de Vilaxoán
-
10.676/14. Moción presentada polo BNG sobre residuos sólidos urbanos
-
10.676/15. Moción presentada polo BNG sobre a acometida das obras da variante da N-640 ao porto
-
10.676/17. Moción presentada polo Grupo Municipal do PP sobre obras no paseo marítimo
-
15.664/12. Moción presentada polo Grupo Municipal do PSOE sobre a catástrofe no Sudeste Asiático
-
17.395/11. Moción sobre criterios para a normalización da contratación laboral en Fexdega
-
17.395/14. Mocións sobre construción e reforma de estradas en Galicia
-
17.395/16. Mocións sobre construción de vivendas unifamiliares no medio rural galego
-
17.395/21. Mocións sobre a introdución do copago no Centro ocupacional de Saiar
-
17.395/22. Mocións sobre a situación do Centro de formación do Instituto Social da Mariña en Bamio
-
17.395/23. Mocións sobre reprobación da actuación do alcalde de Vilanova de Arousa Gonzalo Durán
Mocións
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.7
Título Mocións
Data(s) 1909-2013 (Creación)
Volume e soporte 9 unidades de instalación con 73 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)