ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

INTERVENCIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.4.1

  • Título INTERVENCIÓN

  • Data(s) 1851-2020 (Creación) 0000 - 2018 (Produción)

  • Volume e soporte 2.777 unidades de instalación con 4.841 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A intervención municipal encárgase da planificación e programación da actividade económica; controla e fiscaliza a xestión económica-financeira e presupostaria; e coordina as actividades contables da Entidade. Ao longo do século XIX as funcións da Intervención foron asumidas polo Contador, que pasaría a denominarse Interventor, quedando esta función acumulada nos pequenos concellos á figura do secretario-interventor.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, INTERVENCIÓN, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais:
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS:
    
    4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención
    4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF
    4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados
    4.1.1.4.- Tribunal de Contas
    4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención
    4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos
    4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención
    
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS:
    
    4.1.2.1.- Expedientes de financiamento. Créditos
    4.1.2.2.- Expediente xeral do presuposto ordinario
    4.1.2.3.- Estatísticas presupostarias
    4.1.2.4.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego Municipal Monte Santa Trega
    4.1.2.5.- Expediente xeral do presuposto da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais
    4.1.2.6.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego de Turismo
    
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS:
    
    4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario
    
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS:
    
    4.1.4.1. Expediente xeral do presuposto de investimentos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición