ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expedientes de obxección de conciencia

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.12.4

  • Título Expedientes de obxección de conciencia

  • Data(s) 1995-2001 (Creación)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación con 18 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Son instruídos como consecuencia da instauración da prestación social substitutoria xorde como alternativa ao servizo militar, é dicir, os mozos, desde o ano 1984, poden optar por realizar o servizo militar ou unha prestación social substitutoria nunha entidade pública, asociación, etc. Esta serie non existe necesariamente en todos os concellos xa que para acollerse a esta medida é necesario asinar un Convenio co Ministerio de Xustiza, na primeira etapa e coa Comunidade Autónoma despois. O 31 de decembro do 2001, é a data en que finaliza a obrigación de realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición