ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Xenealoxía da Casa de Minaya, apuntamentos do preito de Juana Minaya contra Pedro Anáez Minaya, señor de Vilagarcía sobre a posesión deste señorío

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.0.1.243/8

  • Título Xenealoxía da Casa de Minaya, apuntamentos do preito de Juana Minaya contra Pedro Anáez Minaya, señor de Vilagarcía sobre a posesión deste señorío

  • Data(s) S/D (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Zamora > Xenealoxía da Casa de Minaya, apuntamentos do preito seguido por Dona Juana Minaya, muller de Don Francisco Sotelo, contra Pedro Anáez Minaya, señor de Vilagarcía sobre a posesión deste señorío e morgado que fundou o arcediano Pedro Pérez. Neste documento tamén se explica porque se determinou a favor de Dona Juana Minaya despois dos días do seu tío, Don Pedro, excluindo a Don Antonio das Infantas Minaya que saiu a causa por sentenza dada polo correxedor de Zamora o 15 de xaneiro de 1585. Despois da morte de Pedro Anáez Minaya, seguiuse un segundo preito por Dona Antonia, filla de Dona Juana co mesmo Don Antonio das Infantas e sentenciouse en Zamora a favor deste. A Real Chancelería absolveu a Dona Antonia que posuía o morgado despois da morte da súa nai e Don Antonio das Infantas recibiu a posesión do morgado. Tamén se comenta no documento a consulta por parte de Don Marcos Antonio Romero de Villafañe, lexítimo descendente de Dona Beatriz Minaya, sobre se tería lugar a demanda de propiedade contra Don Francisco Xavier das Infantas. Data: S/D Ante: -

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)

Área de control da descrición