ATOPO
Rexistros actuais: 1.635.332
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.404

Fondos

Escritura de venda outorgada por Juan da Graña e outros a Gregorio Ozores e a súa muller, da parte que lles pertencía na viña e herdade da Derrota

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.1.1.2.194/31

  • Título Escritura de venda outorgada por Juan da Graña e outros a Gregorio Ozores e a súa muller, da parte que lles pertencía na viña e herdade da Derrota

  • Data(s) 1673 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Rial
    > Copia compulsada da escritura de venda outorgada por Juan da Graña, Bartolomé Álvarez e Pedro Rey a favor de Gregorio Ozores Valladares e a súa muller, da parte e quiñón que lles pertencía na viña e herdade da Derrota, de 5 cavaduras de viña, na aldea de Currás.
    Data: 1673, 05, 24.
    Ante: Antonio Blanco.

    Freguesía: Santa María de Caleiro. Concello: Vilanova de Arousa. Provincia: Pontevedra

    [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

Área de notas

  • Nota É copia compulsada

Puntos de acceso

Área de control da descrición