Fondos
194/68. Escritura de cesión pola cal Joseph Benito Ozores de Romay e Luaces lle perdoa ao seu primo gran parte do que lle debía por quince escrituras de censo
Escritura de cesión pola cal Joseph Benito Ozores de Romay e Luaces lle perdoa ao seu primo gran parte do que lle debía por quince escrituras de censo
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.1.1.4.194/68
Título Escritura de cesión pola cal Joseph Benito Ozores de Romay e Luaces lle perdoa ao seu primo gran parte do que lle debía por quince escrituras de censo
Data(s) 1748 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Rial > Copia compulsada dunha escritura de cesión pola cal Joseph Benito Ozores de Romay e Luaces lle perdoa ao seu primo Ignacio Ventura Romay e Aranda (cura e reitor do Beneficio de San Salvador de Coiro), 3000 reais dos 3240 que lle debía en concepto de 15 escrituras de censo. Inclúese carta de pago. Data: 1748, 08, 21. Ante: Gregorio Vázquez. Freguesía: San Martiño de Sobrán. Concello: Vilagarcía de Arousa. Provincia: Pontevedra [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]
Ãrea de notas
Nota É copia compulsada
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Doazóns e cesións España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa Sobrán (San Martiño)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa Sobrán (San Martiño)
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)