ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente de concesión de licenza de obra a Ana María Silva

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36036.AM.OIA.2.GF002.F0007.SF086.SF087.S0679.1.935/1

  • Título Expediente de concesión de licenza de obra a Ana María Silva

  • Data(s) 2005-2013 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Oia(1836-2015) O territorio do concello de Oia sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co Océano Atlántico e cos concellos de Baiona, Tomiño e O Rosal. Ocupa unha superficie superior ós setenta e oitos quilómetros cadrados, con trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Burgueira, Loureza, Mougás, Oia, Pedornes e Viladesuso, nas que residen máis de tres mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdiccións de Oia, con señorío do seu mosteiro. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Tui, créase no ano 1836 o concello de Oia, coa mesma configuración física actual, sen modificacións posteriores significativas.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Oia

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Obra: Reforma de establo. Propietario: Ana María Silva Martínez. Lugar: O Porto - Mougás. Contén: - Solicitude de licenza. Xaneiro 2005. - Desistimento da solicitude por parte da promotora. Maio 2005. - Denuncia da veciña Amparo González Fagúndez por reforma de alpendre e construción de muro sen licenza por parte da promotora. Xullo 2005. - Incoacción de expediente nº 08/05 de restitución de reposición da legalidade a Ana Mª Silva. Agosto 2005. - Arquivo do expediente nº 08/05 e incoacción do expediente nº 13/06 de protección da legalidade urbanística. Outubro 2006. - Incoación de expediente nº 16/06 de reposición de legalidade por actividade sen licenza (estabulación de animais). Decembro 2006. - Resolución do expediente nº 13/06: axuste a legalidade de obras en muro e demolición de obras no alpendre. Xaneiro 2007. - Procedemento ordinario 187/2007-A interposto por Amparo González Fagúndez contra o Concello de Oia. Xuño 2007. - Decreto nº 63/2008 de demolición das obras. Marzo 2008. - Decreto nº 56/2008 de suspensión de actividade. Marzo 2008. - Sentenza nº 202/2008 do procedemento ordinario nº 187/2007-A. Xullo 2008. - Procedemento abreviado nº 0000211/2012 interposto por Amparo González contra o Concello de Oia. Xuño 2012. - Sentenza nº 55/2013. Orde de derribo. Febreiro 2013. - Decreto nº 127/2013. 2ª Orde de derribo. Abril 2013.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición