ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arquivo municipal da Illa de Arousa

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36061.AM.ILL.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal da Illa de Arousa

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal da Illa de Arousa

Área de contacto

Arquivo municipal da Illa de Arousa

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Palmeira, nº 25 Localidade A Illa de Arousa Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36626

Xoán M. Dopico Orjales

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Palmeira, nº 25 Localidade A Illa de Arousa Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36626

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a súa reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. No antigo réxime funcionou como couto, con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago, da orde de San Bieito. No período preconstitucional chegou a funcionar neste territorio o concello da Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dentro do partido xudicial de Cambados, intégrase como parroquia do concello de Vilanova de Arousa, xunto con outras catro: Vilanova, Tremoedo, Baión e Caleiro. A segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal dende o ano 1836, rematou definitivamente a finais de 1996. A escaseza de espacio para as dependencias e os servizos municipais da antiga tenencia de Alcaldía fixo necesario a construcción dunha nova casa do concello na procura dun espacio digno e suficiente. Esta moderna e austera construcción, obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, foi inaugurada no mes de xaneiro de 2004. Concíbese como un gran bloque cadrado en pedra, con escasos vans, que se distribúe en baixo e dúas plantas. O arquivo municipal disponse na segunda planta con acceso dende unha sala de usos múltiples e a carón dos despachos dos diferentes grupos políticos. É unha sala rectangular, cunhas axeitadas condicións de habitabilidade e conta cos debidos equipamentos suficientes, entre os que se inclúen máis de 120 metros lineais de estantería metálica, suficientes para dispor os fondos documentais, ficheiro e mesa de consulta. O proceso organizativo levouse a cabo no ano 2004, acometéndose a informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade. En 2007, 2009 e 2012 incorporase nova documentación. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Manuela González Rey José Ramón Pérez Calvelo Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Mónica Núñez Carro Jacobo Domínguez Pedreira Iria Chaves Moledo Antón Ulla Cobián Alberto Aramburu García-Pintos

  • Contexto xeográfico e cultural O concello da Illa de Arousa está situado no centro da ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, conectado o continente por unha ponte de 2.000 metros de lonxitude.Ocupa unha superficie próxima ós sete quilómetros cadrados cun total de catorce entidades de poboación nunha única parroquia - San Xulián da Illa de Arousa - na que residen preto de cinco mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal da Illa de Arousa -Rúa Palmeira, 25 36626 Illa de Arousa

  • Fondos Arquivo municipal da Illa de Arousa

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * ““Inventario arquivo do concello da Illa de Arousa”” Col. "Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra", nº 57.-D.L. PO-325-04 ISBN: 84-8457-193-9 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: Xoán Dopico Orjales

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos