ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.386
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arquivo municipal de Poio

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36041.AM.POI.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Poio

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Poio

Área de contacto

Arquivo municipal de Poio

  • Enderezo Enderezo (rúa) Convento s/n Localidade Poio Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36995

Macarena Ferreiro Soto

  • Enderezo Enderezo (rúa) Convento s/n Localidade Poio Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36995

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio. A casa do concello atópase a carón do propio mosteiro de Poio, sendo unha edificación exenta, en pedra, distribuída en semisoto, baixo e planta, cunha preeminencia da horizontalidade na súa concepción constructiva e caracterizada pola enorme profusión de vans da súa fachada. O local do arquivo situouse inicialmente na planta baixa, con acceso dende o vestíbulo; será a súa insuficiencia espacial o que motive o seu traslado a unha parte do semisoto da propia casa do Concello, con acceso dende o exterior, e posteriormentelogo da súa rehabilitación e adaptación ampliar esta zona á práctica totalidade do mesmo. Neste novo local procedeuse á instalación dos equipamentos necesarios para a función de almacenamento, tratamento e consulta documental contando na actualidade cunhas idóneas condicións de habitabilidade, así como cos equipamentos axeitados, estantes metálicos compactados, aparato deshumidificador, ordenador, mesa de consulta e ficheiro. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1984, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e reforma do local nos anos 1989, 1993, 2001, 2002, 2004, 2005, 2007, 2009 e 2010. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC e polo propio persoal municipal dedicado a esta función, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Concepción Castro Esperón María del Carmen Fariña Fernández Manuela González Rey María Leal González César M. López Marras Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Begoña Pérez Losada Carmen Touzón Fernández María José Pérez Rodríguez Macarena Ferreiro Soto

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Poio -Convento s/n. 36995 Poio

  • Fondos Arquivo municipal de Poio

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * “Inventario archivo municipal del Ayuntamiento de Poio”.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 7.- D.l.-PO-8-90 ISBN: 84-86845-37-8 “Inventario arquivo do concello de Poio”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 42 .- D.L. PO-274-02 ISBN: 84-8457-111-4 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos