ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Ribeira

  • Preito sostido por Jorge Caamaño Varela e Mendoza Gayoso Ozores de Sotomayor con Pedro Arias Mariño e outros sobre a pertenza dun muíño

    1.248/9

    Casa de Goyanes: 9.1.- Preito sostido por D. Jorge Caamaño Varela y Mendoza Gayoso Ozores de Sotomayor con D. Pedro Arias Mariño e outros sobre a pertenza do muíño de "A Bogareira", xunto coas demais posesións adxacentes. Foi apelado por D. Jorge Caamaño na Chancelaría de Valladolid en 1758. 1759, marzo, 29. A Coruña. Acompaña unha árbore. 9.2.- Copia do arrendo que, en 1687, fixo Dª María de Ulloa y Taboada a favor de Luis de Amarelle, do muíño de "A Bogareira ". S/D 9.3 - Traslado de foro realizado por Ares López de Goyanes a favor de Juan de Gude, do territorio da Bogareira, sito na freguesía de San Xulián de Artes, en renda de dezaoito marabedís de moeda vella. 1538, abril, 8. San Xulián de Artes. Copia auténtica do mencionado traslado de foro. 1752, maio, 15. Fortaleza de Goyanes. [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]

  • Preito entre Vicente Caamaño Varela y Mendoza, dono da xurisdición de Romelle e outras, con Manuel Facundo Bodero sobre forza de bens

    1.231/36

    Preito entre D. Vicente Caamaño Varela y Mendoza, dono da xurisdición* de Romelle e outras, con D. Manuel Facundo Bodero, abade de Carreira, sobre forza de bens. Ano 1772, setembro, 1. (Data de inicio do xuízo). [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira*]

  • Querela presentada por Juan Varela Mariño de Goyanes contra Juan Pérez sobre os dos muíños que utiliza seu caseiro en San Xulián de Artes

    1.248/11

    Casa de Goyanes: 11.1.- Querela presentada por D. Juan Varela Mariño de Goyanes, na Real Audiencia de Galicia, contra Juan Pérez, sobre os dos muíños que utiliza seu caseiro Domingo Laranga na freguesía de San Xulián de Artes. 1656, xullo, 8. A Coruña. 11.2.- Dúas provisións do Real Tribunal do Reino de Galicia, gañadas en 1747 e 1748 polo Sr. D. Juan Antonio Caamaño, contra D. Pedro Arias Mariño, sobre denuncia duns muíños que comenzaba a construír nas inmediacións dos de "A Bogareira ", pertencentes á Casa de Goyanes. Figuran así mesmo as dilixencias practicadas e as declaracións dos peritos, onde constan os prexuízos que da súa construción derívanse. 1747 e 1748. 11.3.- Copia auténtica realizada a instancia de D. Jorge Caamaño y Gayoso, da escritura de acollemento de foro que outorgou, en 1751, D. Pedro Arias Mariño, a favor de Felipe Martínez, dos muíños de "A Bogareira", propios e do dominio da Casa de Goyanes. 1752, maio, 14. Poboa do Deán. 11.4.- Orixinal e copia da carta de receptoría e mandamento dada, en 1504, polo xuíz de Noia, para que Juan Mariño recibise unha probanza no preito que seguía con Rodrigo de Gude sobre o muíño de "Aboreira", na freguesía de San Xulián de Artes. Copia. 1752, maio, 1. Goiáns. 11.5.- Dúas copias das advertencias dirixidas ao articulado do avogado que defende a D. Jorge Caamaño y Goyanes, no preito con D. Pedro Arias Mariño, veciño de Santa Uxía de Ribeira, sobre o lugar e muíños de "A Bogareira". 1752. 11.6.- Consulta realizada polo Sr. D. Jorge Caamaño y Gayoso, señor de Romelle y Goyanes, ao avogado da Real Audiencia de Galicia sobre a demanda e reivindicación dos muíños e bens de "A Bogareira" sitos na freguesía de San Xulián de Artes, que posúe D. Pedro Arias Mariño, veciño de Santa Uxía de Ribeira. A continuación figura o ditame do devandito avogado. 11.7.- Copia sinxela do poder dado por D. Pedro Mariño, veciño de Santa Uxía de Ribeira, aos procuradores da Real Audiencia do reino para que se querelasen contra o Sr. D. Jorge Caamaño y Gayoso, señor de Romelle y Goyanes, sobre a perturbación que lle ocasionaba na posesión de dúas rodas de muíño que aquel construíra en "A Bogareira". 1752, maio, 12. - Ditame do avogado da Real Audiencia do reino para a demanda de reivindicación interposta por D. Jorge Caamaño sobre as referidas rodas como pertencentes ao seu morgado de Goyanes. 1752, maio, 16. A Coruña. 11.8.- Apeo dos muíños e bens de "A Bogareira", pertencentes á Casa dos Goyanes, sitos na freguesía de San Xulián de Artes, realizado para a demanda interposta contra ditos muíños e contra D. Pedro Arias Mariño como o seu posuidor, polo Sr. D. Jorge Caamaño y Gayoso, señor da mencionada Casa de Goyanes. 1752. [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]

  • Testemuño a instancia de Juan Varela de Goyanes polo que conta a prisión de Juan de Seras e outros documentos sobre a xurisdición Couto de Carreira

    1.230/4

    Couto de Carreira. Contén: > Un Testemuño dado en 1576, a instancia de Juan Varela de Goyanes polo que conta a prisión de Juan de Seras. > Outros documentos sobre a competencia de xurisdición civil e criminal do Couto de Carreira entre o xuíz da vila de Noia e o daquela, cunha Provisión librada en 1573, pola Audiencia Superior de Galicia que trata do mesmo. [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]

  • Copia do asento que fixeron os señores Nicolás de Grimalda e Juan Varela de Dubra y Goyanes, sobre a xurisdición de Carreira

    1.230/6

    Casa de Goyanes: Xurisdición de Carreira. Ano 1579. contén: > Carta de Ambrosio Carvajal sobre o couto de Carreira. > Copia sinxela do axuste e asento que fixeron os señores Nicolás de Grimalda, Príncipe de Salerno, e Juan Varela de Dubra y Goyanes, sobre a xurisdición de Carreira, polo cal consta vendíalle a acumulativa do devandito couto, confesando que a outra metade era de Juan Varela. Outorga en Madrid ante Pedro de Velasco, escribán e veciño de Valladolid o 29 de decembro de 1579. > Carta do Príncipe de Salerno sobre o mesmo. [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]

  • Copia do preito do arcebispo de Santiago e o xuíz de Noia contra Juan Varela de Goyanes, sobre o auto ordinario pola xurisdición do Couto de Carreira

    1.230/9

    Casa de Goyanes: Copia do preito sostido polo arcebispo de Santiago, e o xuíz da vila de Noia contra Juan Varela de Goyanes, sobre o auto ordinario pola xurisdición civil e criminal do Couto de Carreira. A copia non é completa, faltan bastantes páxinas do orixinal e outras atópanse en mal Estado debido á longa duración do preito. Contén: > Carta de doazón. > Título de Merino feito a Juan de Dios Prego e posesión que tomou Juan Mariño de Goyanes do Couto de Carreira e outros. > Testamento de Juan Mariño de Goyanes. > Un privilexio. > Unha alegación. > Unha posesión. > Cláusulas do testamento de Juan Mariño de Goyanes (O Vello). > Principio do preito, ó parecer querela, en xuño de 1575 visto o caso pola Real Audiencia de Santiago deron provisión real para que o xuíz de Noia devolvese os bens que tomara sen prexuízo da posesión, que o arcebispo de Santiago pretendía ter na freguesía de S. Paio de Carreira. > Memorial de demarcación presentado por Juan Varela de Goyanes para pór de manifesto ás testemuñas, xunto co interrogatorio. [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]

  • Copia sinxela da relación de preguntas a testemuñas no Preito pola xurisdición de Carreira

    1.235/3

    Casa de Goyanes: Copia sinxela da relación de preguntas a testemuñas no Preito pola xurisdición de Carreira. S/D [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]

  • Expediente de solicitude de licenza de obra de Roberto Vilas Ramallo (1997)

    2.371/3

    Obra: Arranxo, reparación interior e pintado exterior. Propietario: Roberto Vilas Ramallo. Lugar: Ribeira, 22 - Sabarís. Licenza núm. 5 - 1/97.

  • Título de nomeamento de xuíz das illas de Sálvora, Vionta e Nora feito por Vicente Caamaño Varela a favor de Juan Sieira (1773)

    1.229/13

    Casa de Goyanes: > Título de nomeamento de xuíz das illas de Sálvora, Vionta e Nora feito por Don Vicente Caamaño Varela a favor de Juan Sieira. Ano 1773, setembro, 28. [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira. Parroquia: Aguiño]

  • Parecer sobre a demanda posta no Real Tribunal por Jorge Caamaño acerca do muíño da Bogareira e fundamentos da devandita demanda

    1.230/11

    Casa de Goyanes: San Xulián de Artes. 1752. 11.1.- Parecer sobre a demanda posta no Real Tribunal por D. Jorge Caamaño acerca do muíño da Bogareira e fundamentos da devandita demanda. 1752, agosto, 18. Razón dos documentos que levou D. Joseph Pérez Sequeiros do Arquivo pertencentes aos muíños da Bogareira, o 13 de xullo de 1752 e que foron devoltos o 13 de agosto. 11.2.- Foro outorgado polo Mosteiro de S. Martiño de Santiago a favor da Casa de Goyanes, polo que esta paga ao extinguido Priorado da Merced a renda anual de 28 ferrados de trigo 76 ferrados de centeo, 4 ferrados de maíz e 78 reais en diñeiro. 1752. [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]

  • Copia sinxela da alegación presentada por Juan Varela de Goyanes no preito que mantiña co xuíz de Noia sobre a xurisdición do Couto de Carreira

    1.235/1

    Casa de Goyanes: Copia sinxela da alegación presentada por Juan Varela de Goyanes no preito que mantiña co xuíz de Noia sobre a xurisdición do Couto de Carreira. S/D [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]

  • Copia sinxela da relación de preguntas feitas ás testemuñas presentado por Juan Varela de Goyanes no preito sobre a xurisdición do Couto de Carreira

    1.235/2

    Casa de Goyanes: Copia sinxela da relación de preguntas feitas ás testemuñas presentado por Juan Varela de Goyanes no preito sobre a xurisdición do Couto de Carreira. S/D [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]

  • Dolmen de Axeitos e Pedra das Lebres (Oleiros, San Martiño) Ribeira (1917-1935)

    80/4/15

    1917-1935 (Produción)

    [1917-1935] Fotografías e negativos do dolmen de Axeitos e do desaparecido petróglifo da Pedra das Lebres NRº18488; NRº19231 Sinatura: Sobrino, 4-15; Sobrino, Neg-2/50 - Sobrino, Neg-2/53

  • Escritura de mellora que fixo Margarita de Mendoza de Villar Soutomaior aos seus fillos sobre a fundación do vínculo e morgado da Granxa de Vista Real

    2/35

    Morgado de Rubiáns Granxa de Vista Real en Taragoña > Escritura de mellora que fixo Dna. Margarita de Mendoza de Villar Soutomaior ós seus fillos sobre a fundación do vínculo e morgado da Granxa de Vista Real. Data: 1645, 10, 15. Ante: Domingo García. > Poder de Cathalina de Mendoza, filla de Dna. Margarita, a D. Juan Abraldes Feixoo de Ybarra, o seu marido. Data: 1650, 12, 19. Santiago de Compostela. Ante:- > Litixio por parte de Dna. Josefa Vasadre, sobre a reclamación do vínculo que ten o seu sobriño D. Juan Benito Vasadre. Data: 1722. Ante:- Granxa de Vista Real. Taragoña. Concello : Rianxo. Provincia : Pontevedra. [ Carpeta sin nome/nº]

  • Licenza de obras a Loureiro Fernández, María Jesús, representada por Gañete Barreiro, Pablo.

    10.587/11

    Loureiro Fernández, Mª Jesús, representada por Gañete Barreiro, Pablo. Substución de tella nun inmoble. Pazo, 18, Ribeira - A Estrada.

  • Expediente de concesión de axudas a asociacións e clubs deportivos para actividades 2018 no Concello de RIBEIRA (2018)

    6.988/7

    Servizo de Deportes - Expediente de concesión de axudas a asociacións e clubs deportivos para actividades 2018 (E/18) no Concello de RIBEIRA. Concesión: Xunta de Goberno 30-11-2018. >2018041092: Asociación Liga Norte para Regata de traíñas 525 Aniversario da Arriba en Baiona, 3.802'16 €. Renuncia XG 04-03-2019. Ano: 2018.