Día das Bibliotecas
Con motivo do Día da Biblioteca, que como cada ano celébrase o 24 de outubro, o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico obsequiará cun pequeno lote de libros ás persoas que durante o último ano fixesen uso dos fondos da biblioteca para as súas tarefas de investigación.
Unha vez recibido o correspondente mail informativo as publicacións, facilitadas pola editorial da propia Deputación, pódense recoller nas instalacións da biblioteca (Padre Amoedo, n.º 1, edificio Arquivo, 2.º andar) desde o venres 24 ata o venres 31 de outubro, en horario de atención ao público (09.00-14.00 h).
Por outra banda, o departamento de biblioteca publicou na súa correspondente sección da web o boletín de novidades en que se recollen as últimas incorporacións. Este será remitido tamén vía correo electrónico a todas aquelas persoas que realizaran a correspondente solicitude a través da subscrición.
En total están dispoñibles máis de 70 novos títulos na modalidade de préstamo ou consulta en sala relacionados na súa práctica totalidade, desde o punto de vista da súa autoría, edición ou temática, co ámbito galego e, nunha alta porcentaxe, coa provincia de Pontevedra.