Creador de
-
Libro de rexistro de entrada da correspondencia oficial, 1924 ao 1926
-
Expediente de sesións das xuntas locais de agricultura, gandaría e montes
-
Expediente de concesión de licenza de obra a Roberto Massó García (1942)
-
Expediente de concesión de licenza de obra a Roberto Massó García (1961)
-
Libro de actas de sesións das xuntas municipais de asociados
-
Licenza de obras para construción e ampliación do edificio a Telefónica Nacional de España
-
Expediente de concesión de licenza de obra a Roberto Massó García (1969)
-
Expediente de concesión de licenza de obra a Roberto Massó García (1949)
-
Expediente de sesións das xuntas locais de beneficencia e asistencia social
-
Rexistro das actas de sesións das xuntas locais de educación
-
Alteracións da cualificación xurídica dos bens por desafectación
-
Libro copiador da correspondencia oficial, dende o 2 de outubro de 1930 ao 10 de setembro de 1931
-
Libro copiador da correspondencia oficial, dende o 17 de agosto de 1929 ao 02 de oututbro de 1930
-
Expediente de concesión de licenza de obra a Massó Hermanos S.A. (1980)
-
Correspondencia de entrada e saída do Portelo único da Xunta de Galicia
Concello de Cangas
Área de descrición
Datas de existencia 1836-2015
Historia O concello de Cangas está situado na costa pontevedresa, na península do Morrazo, limitando cos concellos de Bueu e Moaña e o Océano Atlántico. No antigo réxime o territorio que hoxe forma o concello de Cangas dependía dunha xurisdición do mesmo nome, con señorío do Arcebispado de Santiago e, no caso de Aldán, tamén da Marquesa de Vilar. No proceso de formación dos primeiros concellos constitucionais, nos primeiros anos do século XIX chegaron a constituírse os de Hío, Coiro e Cangas. Co gallo da división municipal emanada do R.D. de 23 de xullo de 1835, dentro do Partido Xudicial de Pontevedra, logo de varias propostas e modificación relativas ó número de parroquias que o debía formar, créase o actual concello de Cangas no ano 1836, formado por tres parroquias: “Vila de Cangas, Coiro e Darvo”, cun total de 1.138 veciños e 4.550 almas. Xa dende o primeiro momento houbo intentos por parte das parroquias de Hio e Aldán de segregarse do concello de Bueu, no que foran incluídas e integrarse no de Cangas. Houbo sucesivas peticións, especialmente en 1837 e 1844, pero non será ata 1873, na sesión de 28 de febreiro cando se acordo dita modificación. Por outra parte houbo intentos que non frutificaron de parte dos veciños de Coiro para segregarse e formar un concello propio. De todo elo xurdiu o actual concello de Cangas, formado por cinco parroquias, dispersas nos cáseque 40 quilómetros cadrados con 54 entidades de poboación.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Morrazo - Cangas
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)