Creador de
Capela da Nosa Señora do Castro
Área de descrición
Datas de existencia s.XV-s.XIX
Historia A ermida de Nosa Señora da Asunción do Monte do Castro debeuse levantar nas últimas décadas do século XV, ao rematar as guerras entre o arcebispo de Santiago e Pedro “Madruga”, no espazo onde se localizaba o antigo castelo de Penço. As crónicas contan que finalizadas estas loitas os veciños de Vigo conseguiron que o prelado compostelán ordenase derrubar a torre e cos restos da mesma construír a capela. No preito Tavera-Fonseca (1526) citan as testemuñas a existencia da ermida e a visita diocesana en 1529 reafirma a hipótese cronolóxica. Nos anos 1656-1667, cando se levanta a fortaleza do Castro, a capela quedou inserida dentro do primeiro recinto defensivo pero no século seguinte, no ano 1719, os morteiros ingleses derrubaron por completo a ermida orixinal. Tras iso procedeuse a unha reconstrución. O inventario realizado en 1761 recolle a suntuosidade de algunhas das doazóns que a ermida recibía, como obxectos de prata, unha imaxe da virxe da Concepción en ouro macizo, etcétera. O Concello de Vigo exercía de patrón da capela nestes anos, se ben a orixe do padroádego era descoñecida. A época de maior esplendor foi no século XVIII grazas o labor de Jacinta Valverde, ermitá entre 1720 e 1767, quen conseguiu grandes doazóns e esmolas para así acometer melloras e reparacións. Nos últimos anos do século XVIII e primeiras décadas do XIX a capela sofre repetidas perdas de xoias, ficando ademais case destruída durante a ocupación francesa. O Concello intentará dotar á capela dunha nova vida, máis se extingue o seu emprego nos anos vinte por pasar a servir como almacén de pólvora para a gornición da fortaleza.
Lugares Galicia - Pontevedra - Vigo
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)