ATOPO
Rexistros actuais: 1.626.370
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.804

Creador de

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Caldas de Reis

Área de descrición

  • Datas de existencia 1835-

  • Historia Mencionados na Constitución de 1812, creados en 1835 polo Regulamento da Administración de Xustiza, son tribunais unipersonais que coñecen en primeira instancia en asuntos civís e criminais e en segunda instancia dos xuízos de faltas; tiñan como sede os concellos que foran cabeza de partido xudicial. Tras varios decretos de ampliación e supresión, a Lei Adicional á Orgánica do Poder Xudicial de 1882 restableceu os Xulgados de 1ª Instancia con funcións tamén de instrución en materia penal. A Lei 42 /1974 de Bases Orgánicas da Xustiza, designa ós Xulgados de 1ª Instancia e Instrución como Xulgados de Partido, con competencias, en materia civil en primeira instancia en todos os procesos civís, e en segunda instancia nos procesos civís tramitados en primeira polos Xulgados de Distrito ( anteriormente Municipais ou Comarcais); e en materia penal correspóndelles a instrución dos procesos por delitos graves e infraccións de maior contía, e a segunda instancia nas apelacións de sentenzas ditadas polos Xulgados de Distrito. Os xuíces desenvolverán tamén actividades en materia gobernativa e inspectora dentro do territorio da súa xurisdición.

  • Lugares Pontevedra- Caldas de Reis

Área de control da descrición