ATOPO
Rexistros actuais: 1.627.460
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.860

Maxistratura de traballo de Vigo. Número 1

Área de descrición

  • Datas de existencia 1938-1988

  • Historia As Maxistraturas de Traballo créanse polo Decreto do 13 de maio de 1938, que suprime os Xurados Mixtos de Traballo e os Tribunais de Traballo. A Lei Orgánica do 17 de outubro de 1940 configúraas como "única instancia jurisdiccional contenciosa en la rama social del derecho", coa función de intervir nos conflitos individuais entre empresarios e traballadores e, a partir de 1963, nos litixios motivados pola aplicación do réxime da Seguridade Social. Estaban vinculadas, administrativa e disciplinariamente, ó Ministerio de Traballo, e as súas sentenzas podían ser recorridas perante o Tribunal Central de Traballo e a Sala do Social do Tribunal Supremo. A base territorial das Maxistraturas será a provincia, tendo a súa sede nas capitais; non obstante, a Orde do 25 de maio de 1938 estableceu que na provincia de Pontevedra a sede estivera na cidade de Vigo. A Maxistratura de Vigo será a única da provincia ata que, pola Orde do 22 de abril de 1953, se crea a Maxistratura de Pontevedra, que abranguerá o territorio dos partidos xudiciais de Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Lalín, Pontevedra, Pontecaldelas e Redondela, agás os concellos de Cangas, Moaña, Mos, Pazos de Borbén e Redondela que, xunto cos partidos xudiciais da Cañiza, Ponteareas, Vigo e Tui, seguirán dependendo da Maxistratura de Vigo. Pola Orde do 4 de xaneiro de 1973 crearase a Maxistratura de Traballo nº 2 de Vigo, e pola Orde do 8 de xaneiro de 1973 a nº 3. A Lei 6/1985, Orgánica do Poder Xudicial, manterá as Maxistraturas de Traballo ata a súa substitución definitiva polos Xulgados do Social coa entrada en vigor da "Ley de Planta y Demarcación Judicial", do 28 de decembro de 1988.

  • Lugares

Área de control da descrición