ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fábrica de Papel de Soutorredondo

Área de descrición

  • Datas de existencia 1839-1969

  • Historia A fábrica de papel de Soutorredondo aproveitaba as augas do río de Sóñora, tamén chamado do Castro, de Vilacova, ou de Os Batáns (polo gran número que deles houbo), localizándose na súa marxe esquerda, a uns catrocentos metros ao nordeste do lugar de Soutorredondo, na parroquia de San Martiño de Lesende, termo municipal de Lousame na provincia da Coruña. O 18 de decembro de 1839 don Francisco Antonio Crespo manifestaba ante notario en Noia a súa vontade para construír unha fábrica de papel con outros socios. O 26 de xullo de 1841 constituíase en Santiago de Compostela a sociedade “Crespo y Compañía”. Os anos entre 1843 e 1848 son os de maior esplendor da fábrica, con ventas en Noia, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ribadeo, Luarca, Gijón e Málaga. O fundador falecía o 26 de maio de 1848 e o 15 de setembro de 1848 o fillo de Francisco Antonio, Antonio Crespo Patiño, pasaba a ser dono exclusivo da fábrica de Soutorredondo, e o 18 de novembro de 1854 a propiedade pasaba a dona Marcelina López Ballesteros, sobriña da esposa do fundador. Luis Patiño López, fillo de dona Marcelina, vendía a fábrica a don Manuel Bournacell Mariño o 13 de xullo de 1879. O 23 de maio de 1881 a propiedade pasaba a Juan Bartolomé Pérez, quen a cedía ó seu fillo Juan Bartolomé García o 13 de outubro de 1882. O mesmo que a meirande parte dos muíños papeleiros galegos, a produción estivo inicialmente bastante diversificada e xunto con papeis de calidade inferior elaborábase tamén papel florete e de naipes. Aínda que a fábrica de Soutorredondo deixara de funcionar en 1911, o 31 de maio de 1922 Juan Bartolomé García a vendía a Ramón López Rodríguez, e nese mesmo ano a fábrica voltaba a traballar con maquinaria moderna, de forma redonda e accionamento eléctrico, fabricando papeis filtro para laboratorios, refinerías de aceite e fábricas de licores baixo a propiedade do devandito Ramón López, propietario tamén da fábrica da Barreira, no río Ulla. En 1959, por falecemento de Ramón, a propiedade pasou á súa filla, Aurora López Freijedo, e consonte Gayoso Carreira figura no Catálogo de empresas papeleras de 1966 e no Censo Papelero de 1967 cunha máquina redonda para fabricación de estracilla e papel de filtro. A fábrica deixou de traballar en 1969, cun expediente de crise por antieconómica. Coa morte en 1970 de Aurora, a propiedade pasa ó seu esposo, José María Tomé Fuentes, e ós seus fillos, Gonzalo e Rosa Tomé López.

  • Lugares Galicia – A Coruña – Lousame – Lesende – Soutorredondo

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)