ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Creador de

Perfecto Feijoo Poncet

Área de descrición

  • Datas de existencia 1858-1935

  • Historia O pontevedrés D. Perfecto Feijoo (1858-1935) estudou Farmacia na Universidade de Santiago. Tras exercer a súa profesión en Madrid estableceuse na súa vila natal, na famosa Botica da Peregrina, punto de reunión de numerosas persoas que participaban en famosas tertulias literarias e musicais. Á marxe do seu labor profesional entretíñase tocando a gaita, preocupándose ademais por recuperar o folclore musical galego. A súa afeción materializouna na formación do coro “Aires da Terra” en 1883, agrupación que dirixiu e difundiu por toda a xeografía peninsular, e incluso no estranxeiro, a esencia da música galega, obtendo numerosos recoñecementos en forma de premios e comentarios na prensa do momento

  • Lugares

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)