Delegación Provincial de Pontevedra. Administración Institucional de Servizos Socio-Profesionais
Área de descrición
Datas de existencia 1976-1978
Historia Pola Lei do 30 de xaneiro de 1938 créase o Ministerio de Organización e Acción Sindical, que englobaría, entre outros, o Servizo Nacional de Sindicatos. O Decreto do 21 de abril de 1938 organiza os Sindicatos do Movemento, que se integrarán, por provincias, en centrais nacional-sindicalistas, dependentes do Ministerio de Organización e Acción Sindical. A Lei do 8 de agosto de 1939 fará depender o “Servicio Nacional de Sindicatos da Falange Española Tradicionalista y de las J.O.N.S.”, o que se reafirma coa “Ley de Unión Sindical”, do 26 de xaneiro de 1940, que establece que esta organización sindical será a “única reconocida con personalidad suficiente por el Estado, quien no admitirá ninguna otra con fines análogos o similares”. A Delegación Nacional de Sindicatos da Falange exercía as súas funcións ordenadoras a través dos “Sindicatos nacionales e das centrales nacional-sindicalistas” nas diversas esferas territoriais, correspondéndolle a coordinación a nivel provincial ás delegacións provinciais de sindicatos, de acordo coa “Ley de Bases de Organización Sindical”, do 6 de decembro de 1940. Esta situación manterase ata a Lei sindical 2/1971, do 17 de febreiro, que constitúe e estrutura á Organización Sindical, dándolle natureza institucional e carácter representativo e facéndoa depender do novo aparato do Estado ó crearse o “Ministerio de Relaciones Sindicales” como órgano de comunicación entre o goberno e a organización sindical; a nivel territorial establécese que en cada provincia haberá unha delegación da organización sindical, podendo crearse delegacións a nivel comarcal e local. Coas reformas político-administrativas que se producen a partir de 1975, a Organización Sindical foi transformada, polo Real decreto-lei do 8 de outubro de 1976, nun organismo autónomo de dereito público, adscrito á Presidencia do Goberno, baixo a denominación de “Administración Institucional de Servicios Socio-Profesionales (A.I.S.S.)”, sendo as súas unidades servizos definitivamente transferidos á Administración Central polo R.d. 906/1978, do 14 de abril, o que supuxo a disolución da organización sindical.
Lugares Galicia - Pontevedra
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)