ATOPO
Rexistros actuais: 1.626.292
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.795

"Ordenança del Arraval y como se a de pescar... " (1554)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.2.26/G/7.26/G/7/4

  • Título "Ordenança del Arraval y como se a de pescar... " (1554)

  • Data(s) 1554 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1554 "Ordenanças del Arraval y cómo se a de pescar, echas por la Justicia y Regimiento, por provisión de 1554". Contén as Ordeanzas e a súa apelación polos Vicarios "dentro de las casas de Consistorio e ayuntamiento de esta villa de Ponteveddra a dos días del mes de abrill de mill e quinientos e cincoenta e quatro anos ..." 24 de novembro de 1562. 20 folios e 1 en branco. Minuta da apelación en G- 16/3 en Ord. XV. Sinatura: Gremio de Mareantes, G-7/4

Área de notas

  • Nota Sinatura anterior: Gremio de Mareantes, G-7 d

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición