ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.417
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expediente de declaración de fóra de ordenación total de varios solicitantes

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36043.AM.PONCAL.2.GF002.F0007.SF081.S0629.3.136/14

  • Título Expediente de declaración de fóra de ordenación total de varios solicitantes

  • Data(s) 2012 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Ponte Caldelas(1836-2015) O concello de Ponte Caldelas sitúase no centro da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes, Soutomaior e Pontevedra. Ocupa unha superficie de algo máis de oitenta e seis quilómetros cadrados cun total de trinta e tres entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Anceu, Castro Barbudo, Caritel, Forzáns, A Insua, Ponte Caldelas, Taboadelo, Tourón e Xustáns, nas que residen algo máis de sete mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte das provincias de Santiago e de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Caldevergazo e Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Soutomaior, con señorío do propio Duque de Soutomaior. No período preconstitucional chegaron a funcionar os concellos de Caldelas, Tourón e A Insua. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio foi integrado no partido xudicial de Caldebergazo ou A Lama, que logo no ano 1845 cambiaría a súa denominación e capitalidade por Ponte Caldelas; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Caldelas. Esta denominación modificouse pola de Ponte Caldelas en 1845 coincidindo coa adxudicación da capitalidade do partido xudicial; inicialmente, aínda co mesmo territorio que hoxe, estaba formado por oito parroquias, ás que se engadiría no ano 1868 a de Caritel, segregada da de Santa Eulalia de Ponte Caldelas.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Ponte Caldelas

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de declaración de fóra de ordenación total. Solicitantes: - Jaime Lopo Garrido: vivenda unifamiliar en Santa Baia s/n, Caldelas. - Lino Marino de la Iglesia: taller mecánico en Pazos, nº 17. - Roberto Martínez Míguez: vivenda unifamiliar en Baltar 38-B. - José Ángel Vejo Ruíz: vivenda unifamiliar en Vilarchán, 57 B. - Amalia Outeda Cacabelos: vivenda unifamiliar en estrada de Augasantas, 143-A. - Francisco Javier Rodríguez González: vivenda unifamiliar en Vilarchán, 56-C. - José Luis Raimúndez Souto, vivenda unifamiliar en Pazos, 4-A.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición