Fondos
-
S0600. Subvención recibida pola corporación local doutra administración
2.067/1. Expediente de prórroga do convenio de colaboración para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais nos anos 2016, 2017 e 2018
Expediente de prórroga do convenio de colaboración para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais nos anos 2016, 2017 e 2018
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36025.AM.LAM.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.2.067/1
Título Expediente de prórroga do convenio de colaboración para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais nos anos 2016, 2017 e 2018
Data(s) 2016-2017 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Lama(1836-2015) O concello da Lama enclávase no interior da provincia de Pontevedra, ó leste, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Beariz e Avión, Cotobade, Ponte Caldelas, Forcarei e Fornelos de Montes. Conta este territorio con 117 entidades de poboación dispersas en 109 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 3.000 habitantes, distribuídos nun total de dez parroquias: Antas, A Barcia do Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende e Xesta.No antigo réxime pertencía esta zona xeográfica ás provincias de Santiago e de Tui, respectivamente, dentro das xurisdiccións de Caldevergazo, con señorío do arcebispo de Santiago e de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécense no Partido Xudicial de Caldevergazo un total de catro concellos: Cotobade, Caldebergazo, Caldelas e Ponte Sampaio. O concello de Caldebergazo terá o nome e será capitalidade do Partido Xudicial ata 1845 en que pasará a Ponte Caldelas. Á súa vez cambiará a súa denominación inicial pola da Lama en 1841 e sufrirá algunhas modificacións na configuración primeira das súas nove parroquias: a de Escuadra, rapidamente integrada logo da reclamación dos seus veciños; a chamada inicialmente Gaxate – Xende, que se dividirá en dúas, e a de Caroi, que será segregada en 1904 para a súa inclusión no veciño concello de Cotobade.
Institución arquivística Arquivo municipal da Lama
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente nº: 92/2017. Expediente de prórroga do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a Entidade Local da Lama para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Contén: - Acta da Comisión de Seguimento do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Lama para a participación na prevención e defensa contra incedios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020. - Nóminas. - Xustificantes de pago. - Facturas. - Memoria do curso de formación de brigadas de defensa contra incendios forestais. - Cesión en propiedade dun camión motobomba. - Documentación curso de formación á Brigada e certificados médicos. - Proceso de selección de: * 1 peón conductor. * 1 capataz forestal. * 3 peóns brigada.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Lama (Tema) (Creador)