ATOPO
Rexistros actuais: 1.624.796
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.757

Fondos

Expediente de alleamento de parcelas municipais do Plan Parcial As Lagoas de Bueu para vivendas de protección oficial autonómica (2007-2009)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0005.SF052.S0404.5.050/5

  • Título Expediente de alleamento de parcelas municipais do Plan Parcial As Lagoas de Bueu para vivendas de protección oficial autonómica (2007-2009)

  • Data(s) 2007 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente, 31 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Bueu(1836-2030) O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de alleamento de parcelas municipais procedentes do aproveitamento lucrativo urbaístico do patrimonio municipal do solo do sector A1S1 das Lagoas con destino a vivendas de protección oficial autonómica. a) peza separada de de 2008 de convenio co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de 27 de febreiro de 2007 (M4P2) b) peza separada de alleamento parcelas 1.1. , 1.2. e 4.2. do citado sector Resolución: caducado e non resolto

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición