Fondos
-
SF0015. 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas
-
S0184. Expediente de denominación, modificación e renumeración de rúas
5.038/42. Acordo de adicación de rúa a dona Matilde Bares Giráldez
Acordo de adicación de rúa a dona Matilde Bares Giráldez
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0001.SF0015.S0184.5.038/42
Título Acordo de adicación de rúa a dona Matilde Bares Giráldez
Data(s) 1932 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Copia simple do libro de actas de sesións do Pleno da Corporación Municipal de 31 de agosto de 1932 relativo á aprobación a proposta da Alcaldía-Presidencia, en calidade de Presidente da Comisión pro-homenaxe a dona Matilde Bares Giráldez, don José Luis Prieto García, de adicación dunha rúa á mestra xubilada a que tanto deben os seus discípulos alumnos, inmensa maioría dos fillos de Bueu, ó tramo superior da rúa Vincenti onde ten a súa casa escola comprendendo tamén o Ramal dos Galos ata emplamar coa estrada de Pontevedra a Cangas polo interior. (Vid. sig. 27/1. Folio 33). Vid. expediente municipal da homenaxe. Vid. libro de sinaturas do pobo de Bueu A esta homenaxe xuntarase a Sociedade de Hijos de Bueu en América da que forma parte como directivo o veciño da parroquia de Cela, don Marcelino Piñeiro, natural de Castrelo e que rexenta unha industria de confección de colonias e cosméticos. Non sabemos cando deixou de nomearse esta rúa na ubicación descrita para restituír a de Ramal dos Galos e mailo tramo superior de Vincenti. Volveuse a asignar a Matilde Bares unha rúa de nova apertura rotulada como "E" no Plano de Poboación e ensanche da Vila de Bueu realizado por don Rafael Picó, por acordo da Corporación en sesión de 10 de marzo de 1990. Alcalde- Presidente, don Manuel Freire Lino. Sig. 2607/33. Folio 36 r)
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Bueu (Tema)