ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.386
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

MARQUESADO DE MOS E VALADARES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.6.

  • Título MARQUESADO DE MOS E VALADARES

  • Data(s) 1378-1969 (Creación) 1378-00-00 - 1969-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 144 unidades de instalación con 3.944 expedientes ou agrupacións documentais e sorporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Marquesado de Mos(1685-Actualidade) O marquesado é un título nobiliario polo que se concede unha honra ou dignidade a certos individuos ou liñaxes por parte das monarcas. A súa posición xerárquica dentro dos títulos nobiliarios é superior á de conde pero inferior á de duque. Estes títulos nobiliarios son recoñecidos polo Rey e regulados polo Estado, sendo empregados como premio pola realización de grandes méritos ou vendas cando escaseaban os recursos económicos dos monarcas, especialmente nos séculos XVII e XVIII. O marquesado de Mos é un título nobiliario español creado o 14 de xullo de 1685 polo rei Carlos II de España a favor de Gabriel Sarmiento de Sotomayor y Pimentel. Creado polos servizos prestados ao Reino, recibe Grandeza de España en 1776 en cabeza de Benito Correa y Sarmiento. En 1810 únese o marquesado de Mos ao marquesado de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e no ano de 1908 ao falecer o marqués de la Vega de Armijo y marqués de Mos, pasa por liña non agnática a súa única supervivente directa en España.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

  • Historia arquivística A historia arquivística do fondo do Marquesado de Valadares discorre paralela á historia da propia familia. A Casa de Valadares ten a súa orixe na Idade Media, comezando un lento proceso de agrupación dos legados e títulos doutras casas nobiliarias como son o Vizcondado de Meira, o Vizcondado de Pegullal ou o Marquesado de Mos, de modo que parte da documentación destas familias intégrase no arquivo da Casa. No século XIX o acervo da Casa de Montenegro, custodiado no Pazo de Castrelos, incorpórase ao fondo familiar mediante o matrimonio de Francisco Javier Martínez de Arce e Joaquina Montenegro. Neste momento o arquivo se conserva na casa-palacio da rúa Oliva de Vigo. Chegado o século XX e tras a morte de Fernando Quiñones de León Elduayen, Marqués de Mos e Valadares, prodúcese un repartimento das propiedades e da documentación entre as ramas familiares dos Quiñones de León e dos Pérez de Castro. A documentación en mans dos Quiñones de León foi depositada no Arquivo Histórico Nacional en 1973, encontrándose dividida entre a Sección Nobreza situada en Toledo e o arquivo de Madrid. Co gallo da promulgación, o 2 de decembro de 1963, dunha disposición relativa aos foros indicando a súa liquidación nun prazo máximo de dez anos, a familia Pérez de Castro contrata á arquiveira Olga Gallego para a ordenación e catalogación do fondo desta rama familiar. En agosto de 1992 ese mesmo fondo sería vendido pola familia ao Concello de Vigo para o seu depósito no Arquivo Municipal de Vigo.

  • Forma do ingreso Compra en agosto de 1992

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O Marquesado de Mos é un título nobiliario creado polo rei Carlos II o 14 de xullo de 1685 a favor de Gabriel Sarmiento Sotomayor Pimentel. Co paso do tempo esta casa intégrase xunto a outras como poden ser a de Montenegro, Meira ou Valadares, conformando unha das familias nobres máis importantes de Galicia. O fondo do Marquesado de Mos ten unha extensión de 16,50 metros lineais de documentación repartida en 144 unidades de instalación, sendo as datas extremas do conxunto os anos 1378 e 1969. Dentro dos 3945 rexistros que compoñen o fondo o conxunto máis destacado son os Foros ou aforamentos, que supoñen máis dun cuarto da documentación. Xunto con esta tipoloxía destacan tamén as series de Preitos, Vendas e Cobros de rendas, o que mostra a preponderancia que teñen os documentos relativos ás terras e á súa administración. Esta documentación de carácter económico e rendista concéntrase especialmente en certos morgados coma poden ser os de Raxó, Meri, Pazos, Celme, Gago e Pontevedra ou as casas da Serra e de Atín. En menor medida abundan os rexistros relacionados coa xenealoxía e a historia da familia. O documento máis antigo conservado data do ano 1378, tratándose do aforamento do lugar da Vide do Caño Longo, en San Salvador de Meis, escrito en albalaes sobre un pergameo. Outros rexistros de interese son por exemplo un memorial dirixido ao rei Felipe IV en torno a 1655, no que se tratan diversos aspectos da política nacional e internacional. No aspecto patrimonial podemos subliñar o “Libro de rateo do Couto de Meri”, de 1847, que inclúe unha detallada descrición das terras así coma un mapa do lugar. Por último pódese destacar a copia dunha carta dirixida polo intelectual vigués Teodosio Vesteiro Torres á familia Valladares o día 8 de xuño de 1876, despedíndose deles poucos días antes do seu suicidio.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo dado o carácter patrimonial e de conservación permanente.

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos dado que se trata dun fondo pechado.

  • Organizació

    O fondo está organizado de forma xenérica sen descender ao nivel de serie específica, tal como se mostra a continuación:
    
    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- Documentos relativos á organización do Arquivo.
    2.- Documentos patrimoniais.
    3.- Documentos de administración e administradores: contas.
    4.- Documentos señoriais.
    5.- Documentos xenealóxicos e heráldicos.
    6.- Correspondencia.
    7. Documentación variada.
    
    Non obstante, durante o proceso de reclasificación, recatalogación e redescrición que actualmente se está a levar a cabo sobre os fondos do Arquivo municipal establecerase un cadro de clasificación normalizado para os fondos familiares baseado no cadro de clasificación ofrecido por Olga Gallego no seu “Manuel de archivos familiares” que se estrutura da forma a seguir:
    
    0.- DOCUMENTOS XENEALÓXICOS E HERÁLDICOS (1755-ca.1930).
    1.- DOCUMENTACIÓN PATRIMONIAL (1378-1968).
    
    1.1- Transmisión da propiedade (1378-1965).
    1.2.- Administración da propiedade (1394-1968).
    
    2.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER SEÑORIAL (1439-1955).
    3.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER XURÍDICO (1405-1942)
    4.- OFICINA DA CASA. ARQUIVO (1504-1969)
    5.- OUTRA DOCUMENTACIÓN (1511-1968).
    
    Dentro de cada unha destas seccións estarían integradas as series documentais relacionadas.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación patrimonial de libre acceso.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación en soporte papel na súa práctica totalidade.

  • Instrumentos de descrición Catálogo informatizado accesible a traves do portal Atopo: https://atopo.depo.gal/

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñece a existencia de copias.

  • Unidades de descrición relacionadas Documentación relacionada con distintos fondos custodiados en diversos arquivos: > Marquesado de Valadares (1532-1934), tamén depositado no Arquivo municipal de Vigo. Fondo composto por oito unidades de instalación, sendo na súa maioría Correspondencia e Certificacións eclesiásticas. > Archivo de los Marqueses de Mos (1181-1834): este fondo documental, propiedade dos marqueses de San Carlos, foi depositado no Archivo Histórico Nacional en 1973. En 1995 trasládase á Sección Nobleza do Archivo Histórico Nacional (Toledo). > Familia Sarmiento Valladares (1157-1982): fondo familiar depositado no Arquivo do Reino de Galicia cun volume de dúas unidades de instalación. Na súa maioría son documentos relacionados con nomeamentos, grazas e mercedes ou acreditación de servizos, destacando a de Diego Sarmiento de Valladares, inquisidor xeral.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias FAMILIA E PROPIEDADE España Galicia Pontevedra Mos

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Mos Valadares (Santo André)

  • Nome dos puntos de acceso Marquesado de Mos (Tema) Marquesado de Valadares (Tema) (Creador) (Creador)

Área de control da descrición