ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Boletín Oficial da Provincia de Vigo

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG..1.1

  • Título Boletín Oficial da Provincia de Vigo

  • Data(s) 1840 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación Provincial de Vigo(1822-1823) Mediante a aprobación do Decreto LIX das Cortes, do 27 de xaneiro de 1822, créanse catro novas provincias dentro do territorio galego e anteriormente incluídos na Deputación Única de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Esta última terá problemas referentes ao deslindamento coa Provincia da Coruña ao establecer a liña divisoria no Río Ulla e provocar a división do Partido de Padrón. Tamén existirán dificultades no deslindamento coa Provincia de Ourense. Sexa como for, a Deputación Provincial de Vigo reuniríase por vez primeira o 24 de maio de 1822. Non obstante, a existencia da Deputación Provincial de Vigo será efémera xa que tras a reinstauración do Antigo Réxime, Felipe VII dará aprobación ao Decreto do 1 de outubro de 1823 polo que se suprimían os concellos e deputacións instauradas un ano antes. Posteriormente, co reestablecemento do Estado liberal e a división provincial de Javier de Burgos, a capitalidade da Provincia pasaría a ser detentada pola cidade de Pontevedra suscitando un longo preito entre ambas cidades.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Nesta serie documental intégranse os boletíns oficiais editados pola Deputación Provincial de Vigo durante o mes de outubro de 1840.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación Provincial de Vigo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición