Fondos
53. XOSÉ MANUEL MOREIRA DOCAMPO
XOSÉ MANUEL MOREIRA DOCAMPO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.53
Título XOSÉ MANUEL MOREIRA DOCAMPO
Data(s) 2003 (Produción)
Volume e soporte 150 imaxes dixitalizadas
Área de contexto
Nome do produtor Antonio Barros Míguez()
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Historia arquivística No ano 2014 ábrese no Arquivo municipal de Redondela o proxecto do Arquivo Audiovisual: un lugar onde poder custodiar copias dixitais das fotografías que as persoas veciñas de Redondela queiran compartir co resto da veciñanza. O protocolo é sempre o mesmo: as persoas propietarias ceden temporalmente as fotografías no Arquivo municipal para proceder ó seu escaneo. Unha vez dixitalizadas son devoltas ós/ás seus/súas cedentes en igual maneira en que foron depositadas. Entrégase, ademais, unha copia en dixital de todo o material entregado. A persoa propietaria das fotografías firma por escrito un documento onde permite a difusión das imaxes, así coma o uso libre das mesmas (sempre e cando non sexan usadas con fins lucrativos) e sempre baixo unha única condición: que sempre que se usen as fotografías, sexa citado claramente a orixe das mesmas: Fondo propiedade de... O Concello, pola súa parte, comprométese a crear un Fondo particular por cada persoa o familia cedente, non sendo nunca o Concello de Redondela propietaria das fotografías, senón canle para a súa difusión.
Forma do ingreso Don Xosé Manuel moreira Docampo cede temporalmente imaxes sobre o cemiterio dos Eidos sacadas por el mesmo no 2003, con anterioridade á restauración do mesmo levada a cabo no 2020. Estas imaxes son dixitalizadas e devoltas coa firma dun consentimento informado onde o seu propietario cede os dereitos de difusión das mesmas, sempre sen ánimo de lucro.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente 2085/2022 de cesión temporal, dixitalización e difusión de 150 imaxes propiedade e autoría de Xosé Manuel Moreira Docampo sobre o cemiterio dos Eidos no sacadas no 2003.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Consulta e difusión libres, salvo fins lucrativos.
Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de Xosé Manuel Moreira Docampol"
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Imaxes dixitais en formato .TIFF ou .JPG escaneadas a 1200 ppp. de resolución (ficheiro máster)
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de Xosé Manuel Moreira Docampo, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.
Existencia e localización de copias Non se coñecen
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias España Galicia Pontevedra Redondela Fotografías
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Redondela
Nome dos puntos de acceso Antonio Barros Míguez (Tema) (Creador)