Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF085. 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
16169/1. Proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Pontevedra
Proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Pontevedra
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF085.S0664.16169/1
Título Proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Pontevedra
Data(s) 1980-1986 (Produción)
Volume e soporte 4 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1. Reconstrución do Teatro Principal.1980-1985 2. Solicitude de licenza para levar a cabo a reconstrución do edificio do antigo Teatro Principal. 1980-1986. - Devolución das tasas que ingresou pola solicitude de licenza para a construción do Teatro Principal (5440/1986). - Gastos que se orixinaron polo concurso - Medidas que se adoptaron co motivo do incendio do Teatro Principal e Liceo Casino (2825/1980) 3. Xestións levadas a cabo pola alcaldía para a reconstrución, aproveitamento, dedicación e fins das ruínas do Teatro Principal.1983-1984 - Bases do antreproxecto de reconstrución do Teatro Principal. 1983-1984 4. Solicitude de subvencións e compromiso económico. 1984 - Memoria e valoración da infraestructura técnica e equipamento escénico das obras de " Rehabilitación do Teatro Principal de Pontevedra ". 1986 - Planos do proxecto de execución de rehabilitación e reconstrución do Teatro Principal de Pontevedra dos arquitectos Raúl Freire, Nicolás López e José R. Miyar. 1985 Situación: Rúas don Filiberto, Duque de Tetuán e Paio Gómez Charino
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)