ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Fondos

Expediente de solicitude de subvención para a contratación de traballadores desempregados en colaboración coas entidades locais da Consellería de Traballo e Benestar (TR351A) (2011-2015)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 3.GF002.F0009.SF107.S0865.2.671/1

  • Título Expediente de solicitude de subvención para a contratación de traballadores desempregados en colaboración coas entidades locais da Consellería de Traballo e Benestar (TR351A) (2011-2015)

  • Data(s) 2011 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Barro

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de solicitude de subvención para a contratación de traballadores desempregados en colaboración coas entidades locais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia (Cooperación) (TR351A). Contén: - Expediente TR351A 2011/196-5 de contratación dun monitor para a promoción do ocio e tempo libre e xustificación da subvención. Contratada: Alicia Cabrejas Domínguez do 04/07/2011 ao 03/04/2012. - Expediente TR351A 2011/197-5 de contratación dun profesor para a promoción da lingua inglesa e xustificación da subvención. Contratada: María Belén Fontán Guiao do 11/10/2011 ao 10/07/2012. - Expediente TR351A 2011/198-5 de contratación de 2 canteiros oficiais de 1ª e un peón para a restauración do Pazo da Crega e xustificación da subvención. Contratados: Juan Alberto Chan Touriño como peón e Juan Carlos Peixoto Otero e José Antonio Oliveira Pérez como canteiros. Todos do 16/08/2011 ao 15/07/2012. - Expediente TR351A 2011/199-5 de contratación de dous canteiros oficiais de 1ª e un peón para a restauración do piorno da Portela. Xustificación da subvención. Contratados: Isidro Fariña García e Manuel Magariños Arzúa como oficiais de 1ª e César Rodríguez Freire como peón. Todos do 18/07/2011 ao 17/06/2012.

Área de notas

  • Nota Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores

Puntos de acceso

Área de control da descrición