ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente do Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación de Pontevedra (2012)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36032.AM.MOR.2.GF002.F0007.SF083.SF084.S0655.2.172/1

  • Título Expediente do Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación de Pontevedra (2012)

  • Data(s) 2012 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moraña(1836-2015) O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moraña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente do Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación de Pontevedra (2012): * Acondicionamento paisaxístico de camiños para o tránsito peonil entre O Buelo e A Alberguería. Adxudicado a NORTEMAR Empresa Constructora, S.L. Contén: Proxecto e CD. * Substitución de muro de peche no campo de fútbol de Mirallos. Adxudicado a NORTEMAR Empresa Constructora, S.L. Contén: Proxecto básico e de execución e CD. * Axardinamento de rotonda e illotes na estrada PO-226. Adxudicado a Viveiros O Piñeiro, S.L. Contén: Proxecto e CD. * Pavimentación e ensanche dos viais de acceso o lugar de As Cortiñas - Saiáns. Adxudicado a Construcións Obras e Viais, S.A. Contén: Proxecto e CD. * Instalación de xogos no parque infantil de Santa Lucía. Adxudicado a Happy Park, S.L. Contén: Proxecto e CD. - Melloras en vestiarios e graderío do campo de fútbol do Buelo.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición