ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.874
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.1. Formación e termo municipal

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.4.GF001.F0001.SF001

  • Título 1.1.1. Formación e termo municipal

  • Data(s) 1881-2017 (Creación)

  • Volume e soporte 9 unidades de instalación; 16 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cotobade(1836-2015) O territorio do concello de Cotobade sitúase no interior da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior ós cento vinte e nove quilómetros cadrados con cento trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Cotobade con señorío do duque de Soutomaior, coa excepción de Caroi, integrada na xurisdicción de Montes, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Caldebergazo ou A Lama, chegaron a funcionar os concellos de Famelga, Tenorio, San Xurxo de Sacos e Carballedo. No ano 1836 créase o concello de Cotobade como entidade local independente, coa configuración actual, agás a parroquia de Caroi que se lle agrega ó seu territorio no ano 1904, segregándose do concello da Lama.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF001.
    1.1.1. Formación e termo municipal
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0001SF001Expediente de cambios de capitalidade municipal
    S0002SF001Expediente de cambios de denominación municipal
    S0003SF001Expediente de deslinde de termos municipais
    S0004SF001Expediente de fusión de municipios
    S0005SF001Expediente de incorporación de termos municipais
    S0006SF001Expediente de segregación de termos municipais
    S0007SF001Inscrición no Rexistro de entidades locais
    S1057 SF001 Expediente de división do termo municipal

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Cotobade (Tema) (Creador)

Área de control da descrición