ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expediente de contratación da obra PUSIM 1400727201400184 de reforma da casa veciñal de Cutián (2014-2016)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.4.GF001.F0003.SF026.S0239.2.890/1

  • Título Expediente de contratación da obra PUSIM 1400727201400184 de reforma da casa veciñal de Cutián (2014-2016)

  • Data(s) 2014-2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cotobade(1836-2015) O territorio do concello de Cotobade sitúase no interior da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior ós cento vinte e nove quilómetros cadrados con cento trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Cotobade con señorío do duque de Soutomaior, coa excepción de Caroi, integrada na xurisdicción de Montes, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Caldebergazo ou A Lama, chegaron a funcionar os concellos de Famelga, Tenorio, San Xurxo de Sacos e Carballedo. No ano 1836 créase o concello de Cotobade como entidade local independente, coa configuración actual, agás a parroquia de Caroi que se lle agrega ó seu territorio no ano 1904, segregándose do concello da Lama.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de contratación da obra PUSIM 1400727201400184 de reforma da casa veciñal de Cutián (PUSIM/14, Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais). Adxudicatario: Construcciones y Proyectos Abilleira S.L. Contén: - 3 Proxectos técnicos (Arquitecto: José Luis Barros Sousa). Febreiro 2014. - Plicas. - Autorización da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nº MT205G2014/000074-4 para a reforma da Casa veciñal de Cutián. - Autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Expediente 1585/14 de reforma da casa comunal de Cutián. - Decreto da Alcaldía do 5 de maio de 2015 de adxudicación das obras á empresa CPA Construcciones y Proyectos Abilleira S.L. - Decreto da Alcaldía do 15 de maio de 2015 para aprobar o plan de seguridade e saúde adxudicado a CPA Construcciones y Proyectos Abilleira S.L. - Plan de seguridade e saúde da reforma da casa veciñal de Cutián. - Facturas. - Certificacións de obra. - Acta de replanteo e inicio de obra. - Informe técnico final da obra.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición