ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Partituras (1913-1925)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.21..3.1.1.21/2/42

  • Título Partituras (1913-1925)

  • Data(s) 1913-1925 (Produción)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Perfecto Feijoo Poncet(1858-1935) O pontevedrés D. Perfecto Feijoo (1858-1935) estudou Farmacia na Universidade de Santiago. Tras exercer a súa profesión en Madrid estableceuse na súa vila natal, na famosa Botica da Peregrina, punto de reunión de numerosas persoas que participaban en famosas tertulias literarias e musicais. Á marxe do seu labor profesional entretíñase tocando a gaita, preocupándose ademais por recuperar o folclore musical galego. A súa afeción materializouna na formación do coro “Aires da Terra” en 1883, agrupación que dirixiu e difundiu por toda a xeografía peninsular, e incluso no estranxeiro, a esencia da música galega, obtendo numerosos recoñecementos en forma de premios e comentarios na prensa do momento

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido [Partituras varias]
    Contén:
    -Partitura de "O Choqueiro" de Cangas
    1 partitura (1 p.) ; 31 cm.
    -Partitura recollida no Coto de Villar de Francos
    1 partitura (2 p.) ; 22 cm.
    -Vísperas
    1 partitura (2 p.) ; 31 cm.
    -[A Costiña de Penedo] / Gonzalo Iglesias
    1 partitura (2 p.) ; 22 cm.
    Dedicada a Perfecto Feijoo
    -O río cando vai cheo ; Non quero ser muiñeiro ; Airiños, airiños, aires
    3 partitura (1 p.) ; 16 cm.
    -Partituras relixiosas varias
    5 partituras (13 p.) ; 16 cm.
    Acompañan letras en latín
    -[Outras partituras]
    2 partituras (2 p.) ; 16 cm.
    Música popular-Partituras
    Sinatura: Perfecto Feijoo, 2-42

Área de notas

  • Nota Sinatura anterior: AM 5, 2-5

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Perfecto Feijoo Poncet (Tema) (Creador)

Área de control da descrición