Fondos
26/G/160. Autos de posesión gañados polos Vicarios do Arrabalde da Moureira (1713-1721)
Autos de posesión gañados polos Vicarios do Arrabalde da Moureira (1713-1721)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.9.4.26/G/160
Título Autos de posesión gañados polos Vicarios do Arrabalde da Moureira (1713-1721)
Data(s) 1713-1721 (Produción)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Pontevedra, 20 setembro, 1713 - A Coruña 1 agosto, 1721. "Autos de posesión que ganaron los Vicarios del Arrabal de la Moureira, que lo fueron Alverto de Puentes, Jasinto Gago, Pedro Fernández Nunes y Benito de Paadín, del citado Arrabal, en que libartaron a los marineros de él de las guardias y sintinelas de la tierra, etc.". 22 más 4 folios e 2 en branco. Leva cosidas catro cédulas de aloxamentos. Sinatura: Gremio de Mareantes, G-160
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)