Fondos
2. XESTIÓN DO TERRITORIO
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36059.AM.VILCRU.2.GF002 
- Título 2. XESTIÓN DO TERRITORIO 
- Data(s) 1902-2017 (Creación) 1912 - (Produción) - 2013 (Produción) 
- Volume e soporte 839 unidades de instalacións; 7096 agrupacións documentais 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello de Vila de Cruces(1836-) O concello de Vila de Cruces sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Silleda, Lalín e Agolada. Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados cun total de 141 entidades de poboación dispersas en vinteoito parroquias diferentes: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz, nas que residen ó redor de oito mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións; a de Deza, na que o señorío correspondía ó Conde de Lemos; a de Abeancos con señorío do Conde de Monterrei; a de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; a de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; a de Caxide con señorío de D. José Pardo; a de Cira con señorío do Conde de Altamira; a de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade de escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944. 
- Institución arquivística Arquivo municipal de Vila de Cruces 
Área de contido e estrutura
- Organizació - Grupo de Función: GF002. 2.-XESTIÓN DO TERRITORIO Densenvólvese nas seguintes funcións:: F0007 2.1.URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE F0008 2.2.SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE F0009 2.3.ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de topónimos 
- Nome dos puntos de acceso Concello de Vila de Cruces (Tema) (Creador) 
 
 