Fondos
-
ES.GA.36059.AM.VILCRU.2. CONCELLO DE VILA DE CRUCES (FUNCIONAL)
SF082. 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36059.AM.VILCRU.2.GF002.F0007.SF082
Título 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
Data(s) 1995-2017 (Creación)
Volume e soporte 44 unidades de instalacións; 73 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vila de Cruces(1836-) O concello de Vila de Cruces sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Silleda, Lalín e Agolada. Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados cun total de 141 entidades de poboación dispersas en vinteoito parroquias diferentes: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz, nas que residen ó redor de oito mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións; a de Deza, na que o señorío correspondía ó Conde de Lemos; a de Abeancos con señorío do Conde de Monterrei; a de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; a de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; a de Caxide con señorío de D. José Pardo; a de Cira con señorío do Conde de Altamira; a de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade de escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vila de Cruces
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0007 Subfunción SF082. 2.1.4.Ordenación e uso da vía pública e mobilidade Densenvólvese nas seguintes series: S0638SF082Campaña de sensibilización e fomento da mobilidade S0639SF082Plan de mobilidade urbana S0640SF082Autorización de circulación en zonas restrinxidas S0641SF082Rexistro de inmobilización de vehículos S0642SF082Retirada de vehículos pola grúa municipal S0643SF082Solicitude de circulación de vehículos especiais S0644SF082Autorización de ocupación temporal da vía pública S0645SF082Rexistro de cortes de tráfico S0646SF082Licenzas de vaos S0647SF082Solicitude de sinalización vial S0648SF082Solicitude de instalación ou modificación do mobiliario urbano S0649SF082Xestión das zonas de estacionamento S0650SF082Reserva de estacionamento
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vila de Cruces (Tema) (Creador)