Fondos
1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36040.AM.PORT.2.GF001.F0001
Título 1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
Data(s) 1836-2019 (Creación)
Volume e soporte 126 unidades de instalación,1003 agrupacións documentais; 7607 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Portas(1836-2016) O territorio do concello de Portas sitúase na zona centro da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Caldas de Reis, Moraña, Barro, Meis e Vilanova de Arousa. Ocupa unha superficie total superior ós vinte e tres quilómetros cadrados, con cincuenta e nove entidades de poboación dispersas nas súas catro parroquias: Portas, Lantaño, Briallos e Romai, nas que residen algo máis de tres mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Portas e Romai dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor, con señorío do conde de Graxal, e as de Briallos e Lantaño da xurisdicción de Vilanova, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, formaba parte do concello de Trasumia, xunto co actual concello de Barro. No ano 1836 créase como concello independente, coa configuración actual que se mantén sen modificacións reseñables agás certos cambios de capitalidade e de instalación da casa do concello.
Institución arquivística Arquivo municipal de Portas
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños. O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores. A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual. Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais. Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños. Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).
Organizació
Grupo de Función: GF001. Función F0001 1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións): SF0011.1.1.Formación e termo municipal SF0021.1.2. Constitución do concello SF0031.1.3.Pleno SF0041.1.4.Alcaldía. Presidencia SF0051.1.5.Xunta de goberno local SF0061.1.6.Comisións informativas SF0071.1.7.Xunta de portavoces SF0081.1.8.Comisións, Xuntas e Consellos SF0091.1.9.Grupos municipais SF0101.1.10.Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime ( Sen vixencia) SF0111.1.11.Participación cidadá SF0121..112.Creación, participación e disolución de organismos SF0131.1.13.Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos) SF0141.1.14.Políticas e programas de goberno SF0151.15.Comunicación, protocolo e relacións externas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Portas (Tema) (Creador)