ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.838
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

3.3.1. Planificación e control escolar

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF003.F0012.SF120

  • Título 3.3.1. Planificación e control escolar

  • Data(s) 1849-2019 (Creación)

  • Volume e soporte 36 unidades de instalación; 211 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0012
    Subfunción SF120.
    3.3.1.Planificación e control escolar
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0938SF120Expediente de educación
    S0939SF120Expediente de concesión de bolsas
    S0940SF120Expediente de escolarización
    S0941SF120Expediente de campañas de escolarización de adultos
    S0942SF120Expediente de persoal docente
    S0943SF120Expediente de transporte escolar
    S0944SF120Rexistro de educación
    S0945SF120Inventario de material escolar
    S0946SF120Censo escolar

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición