Fondos
SF005. 1.1.5. Xunta de goberno local
1.1.5. Xunta de goberno local
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36053.AM.SOU.2..GF001.F0001.SF005
Título 1.1.5. Xunta de goberno local
Data(s) 1924-2017 (Creación)
Volume e soporte 66 unidades de instalación; 385 agrupacións documentais; 2028 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Soutomaior(1836-) Soutomaior é un pequeno concello situado na costa pontevedresa, entre as áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, enclavado nas cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén, que o atravesan. Fórmano dúas únicas parroquias, Soutomaior e Arcade, nas que habitan algo máis de cinco mil habitantes. Pertencía este territorio á antiga xurisdición do seu mesmo nome, que abarcaba no seu día as parroquias de Soutomaior, Insua, Barbudo, Anceu, Forzáns, Berducido, Fornelos, Calvos, Traspielas e Pazos, correspondendo o seu señorío ó duque e señor de Soutomaior; á súa vez o coto de Arcade dependía do arcebispado de Santiago. A partir da creación das provincias e o establecemento constitucional dos concellos en 1936, xorde o concello de Soutomaior, integrado no Partido Xudicial de Redondela, xunto ós de Mos, Redondela e Pazos de Borbén. Formaban este municipio as parroquias de Arcade, Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe, Soutomaior e Traspielas, cun total de 1.256 veciños e 5.244 almas. No ano 1870 prodúcese a segregación definitiva das parroquias de Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe e Traspielas para formar o novo municipio de Fornelos de Montes, quedando o de Soutomaior formado polas parroquias que o compoñen hoxe en día.
Institución arquivística Arquivo municipal de Soutomaior
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recolle as series documentais deste órganos colexiados que representan a función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, con capacidade de decisión e de execución das competencias que lle delegan e os seus antecedentes (Comisión de Goberno e Comisión Permanente). .- Libro de actas da Comisión Municipal Permanente A Comisión Municipal Permanente é un órgano creado co Estatuto Municipal de 1924 e que desaparece no ano 1985. É unha serie pechada que ten, polo tanto, unhas datas extremas de iniciación 1924 e de finalización 1985. Neste intervalo temporal estas Comisións Municipais Permanentes foron suprimidas, excepto nos concellos de máis de 20.000 habitantes, polo Decreto do Ministerio da Gobernación de 16 de xuño de 1931 que revisa todas as disposicións da ditadura desde 1923 a 1931, e reposta pola Lei de Réxime Local de 1945, reaparecendo na maior parte dos concellos a partir de 1949. Esta lei estipula a obrigatoriedade deste órgano de goberno nos concellos de máis de 2.000 habitantes; finalmente desaparece coa Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local, de 2 de abril. O libro é un documento simple, encadernado, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Libro de actas da Comisión de Goberno Órgano creado en 1985 e que desaparece coa entrada en vigor da lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno Local, substitúelle a Xunta de Goberno Local. A Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Libro de actas da Xunta de Goberno Local A Xunta de Goberno Local (lei 57/2003 de 16 decembro, de medidas para a modernización do Goberno Local) existe en todos os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando así o dispoña o seu regulamento orgánico ou así o acorde o Pleno do seu concello. Intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Expedientes sesións da Comisión Municipal Permanente. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión Municipal Permanente. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións. .- Expedientes sesións da Comisión de Goberno. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións. .- Expedientes sesións da Xunta de Goberno Local. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Xunta Local de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificación.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF005. 1.1.5.Xunta de goberno local Densenvólvese nas seguintes series: S0069SF005Expediente de sesións da Xunta de Goberno Local S0070SF005Libro de actas de sesións da Xunta de Goberno Local S0071SF005Expediente de sesións da Comisión de Goberno S0072SF005Libro de actas de sesións da Comisión de Goberno S0073SF005Expediente de sesións da Comisión Permanente S0074SF005Libro de actas de sesións da Comisión Permanente
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Soutomaior (Tema) (Creador)