ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.885
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

3.1.4. Xestión dos servizos militares

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36023.AM.GUA.2.GF003.F0010.SF113

  • Título 3.1.4. Xestión dos servizos militares

  • Data(s) 1818-1999 (Creación)

  • Volume e soporte 39 unidades de instalación; 72 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Guarda(1836-2015) O concello da Guarda sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, separado de Portugal polo río Miño na súa desembocadura, configurado polos montes do sistema da Grova, especialmente o de Santa Trega. Ten unha superficie superior ós 18 quilómetros cadrados, moi inferior á maior parte dos concellos de Pontevedra, nos que residen ó redor de dez mil habitantes asentados en 36 entidades de poboación, distribuídas en tres parroquias: Camposancos, A Guarda e Salcidos. Este territorio integrábase no antigo réxime en dúas xurisdiccións: a de Barrantes, que inclúe a parroquia de Camposancos, con señorío dos propios veciños e que derivará co tempo na constitución da súa Entidade Local Menor; e a xurisdicción da Guarda con señorío do bispo e Cabido de Tui, que incluía as parroquias da Guarda e Salcidos. Créase o concello constitucional da Guarda dentro do Partido Xudicial de Tui no ano 1836 cunha configuración ben diferente á actual, integrado daquela por sete parroquias cun total de 11.500 almas. Xa no ano 1844 iníciase o expediente de segregación das parroquias que darán lugar ó actual concello do Rosal (O Rosal, As Eiras e San Xoán e San Miguel de Tabagón), proceso que será efectivo en 1847, situación que se reverterá en 1851 e que se fará definitiva no ano 1854. Dentro deste concello no ano 1903 recoñécese de forma legal a Xunta Administrativa de Camposancos e en 1925 a creación definitiva da Entidade Local Menor que vén funcionando ata a actualidade nesta parroquia.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Guarda

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0010
    Subfunción SF113.
    3.1.4.Xestión dos servizos militares
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0913SF113Expediente xerais de quintas
    S0914SF113Expediente de mutilados de guerra
    S0915SF113Expediente de obxección de conciencia
    S0916SF113Expediente de revisión de quintos
    S0917SF113Expediente persoais de quintas
    S0918SF113Censos de requisición militar
    S0919SF113Padróns de alistamento
    S0920SF113Rexistro de chamadas, reserva, revisións, revistas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Guarda (Tema) (Creador)

Área de control da descrición