ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Fondos

Extractos e copias do Arquivo do Marqués de Castelar (1894-1937)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.46.1.9.46/57/3

  • Título Extractos e copias do Arquivo do Marqués de Castelar (1894-1937)

  • Data(s) 1894-1937 (Creación) 1894 - 1937-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 55 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Casto Sampedro Folgar(1848-1937) Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido [1894-1937] Extractos e copias do Arquivo do Marqués de Castelar 1058, Febreiro, 5 Rui Sánchez de Lamas dona a Inés Rodríguez, a súa filla, a terceira parte de todos os bens mobles e inmobles que ten. 1152, Agosto, 18 Gelvira Santici outorga carta de libertade a María Petriz. 1187, Setembro, 23 Testamento de Alvaro Fernandes de Valladares. "Documentos". El Museo de Pontevedra, t. VI (1951), pga. 137 1244, Marzo, 18 Domnes Gonzalvus Fernándus chamado Choricao vende a María Peres todas as súas heredades e derechuras en Pontevedra e en todo o seu término. 1272(?), Febreiro, 27 Johan Fernandes, fillo de Fernán Peres da Ponte, de Pontevedra, e a súa muller, venden a Nuno Eans, mercader de Pontevedra, unha heredad que chaman de Lamas, feligresía de San Bartolomé de Pontevedra. 1278, Maio, 1 Os clérigos da igrexa de San Vicente de Cerponzóns conceden a Didaco Petri de Meano e a súa muller, Maria Rimini, o foro perpetuo da heredad dos Tallos e a Cortina do Coirado. 1330, Marzo, 5 Carta de pago que concede Alvar Gómez, fillo do difunto Goncalvo Gómez de Meyra, en favor de [...] Peres de Meyra, muller que foi de dito Gongalvo, por un potro e outros animais. 1352, Agosto, 11 Confirmación da doazón que fai Sueiro Eans de Parada e a súa muller, Mayor Sorreda, a Johan Peres de Noboa, fillo de Pero Eanes de Noboa, e a súa filla Elvira dos Cuaes, o coto de Salcedo. 1362, Marzo, 5 Traslado dun albalá de 1360 dirixido aos moradores da Terra de Sabaríz, otorgado por Pedro I, polo cal faise cesión desta terra a Goter Martines de Valladares. 1391, Decembro, 7 Carta de Fernán Pérez Torrichao a Pay Sorred de Soutomaior mandándolle que desembargue todos os seus bens, e que o defenda a él e a o seu maiordomo. 1395, Maio, 20 Fernán de Valeiras, clérigo da mitade da igrexa de Santa Baia de Umia, recoñece que pertencen aos padroeiros e heredeiros de dita igrexa vinte maravedís semanais e especifica como hanse de repartir. Sinatura: Sampedro, 57-3/1 1401, Maio, 2 Poder que outorga María Rodríguez, abadesa do mosteiro de Santa Baia das Donas, a Juan Rodríguez para aforar as propiedades que o mosteiro ten en Sejemonde. Acompaña un foro do mosteiro de Poio en Sejemonde a Pero Álvarez de Valladares. 1404, Decembro, 2 Manda e testamento de Goncalvo Marinho fillo de Fernán Pérez de Torychao, mandando ser enterrado na igrexa de Santa María de Outeiro de Mouco. 1422, xullo, 29 Testamento de Alvaro de Meyra, fillo de Fernán Camina de Lira e de Dª Inés de Meyra. 1438, Setembro, 22 García Furtado, escudeiro, morador en Caldas do Rey, no seu nome e no da súa muller Elvira Fernández, desembarga a Ruy Lopes, escudeiro, morador en Pontevedra, e a súa muller, Leonor Suárez, a igrexa e beneficio de San Andrés de Cesar. "Documentos". El Museo de Pontevedra, t. VI (1951), pga. 138 1450, outubro, 31 O arzobispo de Santiago prohíbe aos veciños de Pontevedra axudar o dar aloxamento a Pero Álvarez de Valladares e a Alonso García Dardán, ao ter noticias de que pretendían entrar en dita vila. 1468, maio, 2 Johan Feixoo, alcalde da Santa Hermandad de Terra de Morrazo, da a Lopo Peres Marino de Lobeira, que actúa en nome da súa avóa, Da Mayor Rodríguez de Aldao, a posesión do casal Dogen, na feligresía de San Andrés do Hío. 1468, maio, 7 Lopo Peres Marino de Lobeira, como procurador da súa avóa Mayor Rodríguez Daldán, requere a Juan Freixoo, alcalde da Santa Hermandad de Morrazo, a posesión do patronato da igrexa de Santo Andrés de Hío. 1470, maio, 2 Testamento de [...] de Meyra, ordenando ser enterrado en Santa María de Vigo e fai declaración das súas débedas. 1474, Maio, 23 O Arzobispo D. Alonso de Fonseca recibe en Pontevedra o preito homenaxe de Alvaro Beloso. "Documentos". El Museo de Pontevedra, t. VI (1951), pga. 140 1475, xaneiro, 8 Testamento de D. Gregorio Valladares, rexidor da vila de Pontevedra. 1552, agosto, 7 Testamento de Pedro Cru e correspondencia con datos sobre él. Sinatura: Sampedro, 57-3

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Casto Sampedro Folgar (Tema) (Creador)

Área de control da descrición