Fondos
ES.GA.36048.AM.ROS.2. CONCELLO DO ROSAL (FUNCIONAL)
CONCELLO DO ROSAL (FUNCIONAL)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36048.AM.ROS.2
Título CONCELLO DO ROSAL (FUNCIONAL)
Data(s) 1847 - 2017 (Creación) 1849 - (Produción) - 2013 (Produción)
Volume e soporte 3598 unidades de instalación con 30147 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Rosal(1847-2015) O concello do Rosal sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co río Miño, que o separa de Portugal, e cos concellos de Oia, Tomiño e A Guarda. Ten unha superficie superior ós 41 quilómetros cadrados nos que residen ó redor de seis mil habitantes asentados en entidades de poboación, distribuídas en catro parroquias: San Bartolomeu de Eiras, Santa Mariña do Rosal, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón. Este territorio pertencía á xurisdicción da Guarda con señorío do bispado e Cabido de Tui, tendo funcionado xa nos primeiros períodos constitucionais o concello do Rosal. No ano 1836 créase o concello da Guarda dentro do partido xudicial de Tui incluíndo o territorio do actual concello. Pouco tempo despois, xa no ano 1844, iníciase o expediente de segregación das parroquias a petición dos seus veciños, que dará lugar á creación do actual concello do Rosal. Este proceso será efectivo en 1847 aparecendo un novo concello con capitalidade en Ferreiros, pero novas reclamacións veciñais posteriores reverterán a situación no ano 1851 mediante circular do Gobernador Civil. Culminan os trámites coa creación definitiva do novo concello no mes de agosto do ano 1854. Con posterioridade soamente houbo algún intento no ano 1885 dalgúns veciños de Eiras de integrarse no concello de Tomiño sen resultado.
Institución arquivística Arquivo municipal do Rosal
Historia arquivística A casa do concello foi construída no ano 1781 por un emigrante brasileiro retornado, ocupando na actualidade a totalidade da edificación coa adquisición da metade levada a cabo recentemente. É un edificio en pedra, distribuída en baixo, planta e con aproveitamento baixo cuberta. Dispón dunha fermosa fachada porticada na súa planta baixa con balconada corrida en primeira planta, abrindo a edificación a unha ampla praza na que se insire. O local do arquivo ocupa o baixo cuberta, parcialmente abufardado, con acceso directo dende as oficinas mediante escaleira metálica de caracol. Un amplo local de forma irregular, distribuído en tres salas de diferentes dimensións, cunha superficie útil de cento trinta e catro metros cadrados, con espacio laterais para o almacenamento de materiais diversos. Conta o local con ventilación e iluminación natural, dotado de illamento térmico e condicións de habitabilidade e equipamentos que garanten o axeitado cumprimento das súas funcións de conservación e servicio documental. Neste local instaláronse, tal e como reflicte o plano, douscentos corenta metros lineais de estantería metálica, suficientes para a documentación actual e as sucesivas incorporacións; conta con mesa de traballo e consulta, ficheiro metálico e equipo informático de uso exclusivo, así como aparato deshumidificador. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1991, realizando dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1992, 1997, 1998, 2002, 2003, 2004, 2007, 2008, 2009, 2010, 2012, 2014 e 2017. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Joaquín Suárez Vicente Mónica Amigo Suárez José Luis Castro Carpintero Carina Fernández Faya Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Margarita Veiga Villaverde Roberto Rodríguez Álvarez Julio Rafael Pereira Bernárdez Alberto Aramburu García-Pintos Isabel Couso Bravo Aída María Pérez Martínez Miguel Martínez Puig Lara María Moldes González Aída María Pérez Martínez Javier López Sáez Carla Muñoz López Diego González Gómez Salustiano Ferreirós Muinelo Gabriel González Díaz Daniel Uxío Reinoso Maset Rubén Suárez Iglesias David Vale Díaz
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A pesar das constatadas perdas documentais consérvase un notable volume, hoxe en día en perfectas condicións, destacando especialmente a sección de Facenda e aqueles que fan referencia ó control urbanístico. Reseñar a práctica conservación total das actas do Pleno, Comisión Municipal Permanente e de Goberno, e as da Xunta Municipal de Asociados do presente século, fontes importantes de información.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicació
Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
1ª División de función-subfunción GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos) GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais GF001.F0005 PATRIMONIO GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura GF001.F0007.SF086.SF084 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal do Rosal exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Administración local España Galicia Pontevedra Rosal, O
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Rosal, O
Nome dos puntos de acceso Concello do Rosal (Tema) (Creador)