ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

1.3.1. Contratación de obras

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36009.AM.CAÑ.2.GF001.F0003.SF026

  • Título 1.3.1. Contratación de obras

  • Data(s) 1854 - 2010 (Creación) 1928 - (Produción) - 1928 (Produción)

  • Volume e soporte 22 unidades de instalación; 49 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Cañiza(1836-2015) O concello da Cañiza sitúase na comarca do Paradanta, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Covelo, Crecente, Melón, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño e Mondariz; está integrado hoxe no Partido Xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 106 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de oito mil habitantes, distribuídos en 320 entidades de poboación e nove parroquias: As Achas, A Cañiza, O Couto, A Franqueira, Luneda, Oroso, Parada das Achas, Petán e Valeixe. Historicamente estivo integrado na provincia de Tui, con diferentes xurisdiccións: a das Achas, dependente do conde de Salvaterra; a de Albeos, con señorío do marqués de Sierra; a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior; a de Parada, con señorío do marqués de Castelmoncayo, e a de Petán, con señorío da familia Sarmiento. Nos inicios do século XIX chegaron a funcionar concellos en diferentes parroquias: As Achas, Petán, Deva, Oroso, Valeixe, Parada e a propia A Cañiza. De forma máis estable e definitiva créase o concello da Cañiza en 1836 con once parroquias, dentro da proposta establecida para o entonces existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado ademais polos concellos de Arbo, Crecente e Covelo. Das parroquias iniciais segregaríase de seguido a de Prado de Canda para a súa inclusión no concello de Covelo. A parroquia de Santa Eulalia de Deva foi incluída administrativamente dentro da das Achas, resultando así a configuración das nove actuais.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Cañiza

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0003
    Subfunción SF026.
    1.3.1.Contratación de obras
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0239SF026193Contratacións de obras (entrada xenérica)
    S0240SF026Contratacións de obras derivadas de acordo marco
    S0241SF026Contratacións de obras por procedemento aberto
    S0242SF026Contratacións de obras por procedemento aberto simplificado
    S0243SF026Contratacións de obras por procedemento aberto simplificado sumario
    S0244SF026Contratacións de obras por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada
    S0245SF026Contratacións de obras por procedemento con diálogo competitivo
    S0246SF026Contratacións de obras por procedemento de asociación para a innovación
    S0247SF026Contratacións de obras por procedemento de concurso de proxectos
    S0248SF026Contratacións de obras por procedemento negociado con publicidade
    S0249SF026Contratacións de obras por procedemento negociado sen publicidade
    S0250SF026Contratacións de obras por procedemento restrinxido
    S0251SF026Contratacións de obras suxeitas a un sistema dinámico de adquisición
    S0252SF026Contratacións menores de obras

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Cañiza (Tema) (Creador)

Área de control da descrición