ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CONCELLO DE MONDARIZ (FUNCIONAL)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36030.AM.MON.2

  • Título CONCELLO DE MONDARIZ (FUNCIONAL)

  • Data(s) 1841 - 2022 (Creación) 1841 - (Produción) - 2022 (Produción)

  • Volume e soporte 2.512 unidades de instalación; 23442 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Mondariz(1836-2015) O concello de Mondariz sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra, integrado na comarca do Condado. Limita cos concellos de Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén. Conta cunha superficie aproximada de oitenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan setenta e tres entidades diferenciadas de poboación nas que viven algo máis de seis mil habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de catro xurisdiccións, todas elas con señorío laico. Na xurisdicción de Achas, dependente do conde de Salvaterra, atopábase a parroquia de Lougares. Na xurisdicción de Oliveira a parroquia de Portela. Na xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, estaban integradas as parroquias de Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Mondariz, Sabaxáns e Vilar. Por último, o couto de Toutón, formado pola parroquia do mesmo nome, dependente de D. Juan Araújo. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Mondariz, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas e formado polas parroquias de Lougares, Portela, Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Vilar, Toutón e Santa Eulalia de Mondariz. Con posterioridade as parroquias de San Martiño de Portela, que logo cambiará a súa denominación pola hoxe coñecida de Vilasobroso, e a de Santa María de Queimadelos en 1924 e 1935, respectivamente, constituíronse en Entidades Locais Menores. A principal modificación acontecida no concello prodúcese coa segregación da parroquia de Santa Eulalia de Mondariz para constituír unha Entidade Local Menor e, de seguido, o Concello de Mondariz-Balneario no ano 1924.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Mondariz

  • Historia arquivística A casa do concello de Mondariz é unha edificación exenta, de recente construcción, integrada nunha fermosa superficie axardinada dentro do núcleo urbano. Destaca pola súa horizontalidade e a grande superficie acristalada, seguindo a tradición das galerías, que se completa cun lucernario central sobre as escaleiras de acceso á planta alta, producindo todo iso unha considerable iluminación natural no interior do edificio. O arquivo dispuxo de diferentes ubicacións nos últimos anos. Recentemente habilitouse, logo da oportuna reforma e adecuación un local de máis de cincuenta e cinco metros cadrados no soto da casa do concello, antes dedicada na súa totalidade a garaxe e almacén municipal. Dispón este local dunhas axeitadas condicións ambientais e de habitabilidade, con ventilación e iluminación natural, sistemas de control da humidade e espazo suficiente para a disposición dos fondos documentais a medio prazo. Para levar á cabo a súa función de depósito documental instaláronse neste local un total de cento cincuenta metros lineais de estantería metálica, disposta segundo se amosa no plano adxunto, suficientes para o fondo documental actual. Dispón ademais de moble ficheiro metálico para a consulta do catálogo do propio arquivo. O fondo documental producido polo Concello de Mondariz no decurso da súa actividade ó longo destes anos, e que aínda se conservaba, recibiu nos anos 1986-1987 o tratamento técnico oportuno, incluído dentro da programación xeral do Servizo Técnico do Patrimonio Documental para a provincia de Pontevedra. Daquela, conseguiríase centralizar no local destinado a arquivo a totalidade dos fondos existentes, dispersos e carentes da axeitada organización. Ademais da clasificación e ordenación da documentación, procedeuse a elaboralos instrumentos necesarios para o seu control e manexo, tanto en soporte tradicional como informatizado. Posteriormente desenvolvéronse novas actuacións técnicas de incorporación da documentación, reconversión técnica, de acordo co novo cadro de clasificación establecido a nivel nacional para o conxunto dos arquivos municipais e informatización dos instrumentos de descrición, nos anos 1987, 1994, 1999, 2003, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013 e 2017. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Rosana Alonso Comesaña Ana María Álvarez Villar José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira Manuela González Rey María Dolores Pereira Oliveira Carlos Pérez Guisado Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Daniel Rodríguez Menéndez Ana María Valles Castro Iñaki Varela Pérez Isabel Couso Bravo Carmen Touzón Fernández María del Carmen Martín Regueira Iria Chaves Moledo Mónica Núñez Carro Francisco Orge Ventín Lara María Moldes González Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano Pablo Pastoriza Rozas Fátima Baña Hernanz Paula Boullosa Rodríguez Teresa Blanco Uzal Salustiano Ferreirós Muinelo No ano 2024 incoporáronse ao arquivo municipal novos fondos, tatando de rematar o ciclo de producción documental en papel e coincidinco coa implementación do novo cadro funcional. As labore de organización e descrición desta documentación foron desenvoltas, baixo o auspicio dunha subvención da Consellería de Cultura, Língua e Xuventude, por Ana Romero Dapena. Francisco García Landín, Luis González Groba e Erika González Cancela.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo conservado corresponde na súa maior parte ó século XX, aínda que conta con bastantes documentos illados do século XIX; presenta, en xeral, un bo nivel de conservación. Este conxunto documental foi clasificado en catro grandes seccións, de acordo co novo cadro de clasificación proposto para o conxunto dos arquivos dos concellos. A sección GOBERNO, que inclúe, basicamente, aquela documentación xerada polos órganos persoais e colexiados do propio Concello, supón algo menos do tres por cento do total do fondo documental. Destacan especialmente os libros de actas do Pleno, nos que faltan os correspondentes ós primeiros anos, conservándose dende 1854, e os dos outros órganos colexiados, tales como a Comisión Municipal Permanente, completos dende 1924, agás aqueles períodos nos que non existiu este órgano. A documentación da sección ADMINISTRACIÓN, referida ó propio funcionamento interno do Concello, supón algo menos do catorce por cento do total, sobresaíndo polo seu volume a correspondencia, que non conserva documentos anteriores a 1911; os libros de rexistro de entrada e saída de documentos, ou a documentación referida ó persoal municipal, con testemuños, neste caso, dende 1895. Algo maior é o volume que ocupan os fondos da sección SERVIZOS, un trinta por cento do total destacando aquela documentación relacionada coa xestión e control das obras municipais ou particulares, do control das instalacións industriais e comerciais e de urbanismo, a pesar de corresponder na súa maior parte ó século XX. Destacan tamén nesta sección os padróns de habitantes e as súas alteracións dende 1851, e os libros de nacementos, defuncións e matrimonios das diferentes parroquias, conservados dende 1841, anteriores á creación dos rexistros civís no ano 1870 e antecedentes destes. Cómpre salientar, ademais, a documentación relacionada coas quintas e recrutamentos, conservada na súa práctica totalidade dende 1873. Así mesmo, aquela referida ás eleccións e censos electorais, dende 1843. Algo máis da metade do volume documental corresponde á sección de FACENDA cun cincuenta e tres por cento do total; sobresae toda aquela que ten relación coa elaboración e xestión dos presupostos ordinarios municipais, conservada dende 1855, anque soamente con certa continuidade a partir de 1925. A documentación sobre impostos e taxas ten abundantes testemuños do século XIX, especialmente na documentación referida á contribución territorial rústica e urbana, dende 1851, ou ó funcionamento da Xunta Pericial, dende 1857.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN FUNCIONAL:
    
    1ª División de función-subfunción
    GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
    GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal
    GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello
    GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno
    GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia
    GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local
    GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas
    GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros
     GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos
    GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais
    GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime
    GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá
    GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos
    GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos)
    GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno
    GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas
    
    GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama
    GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios
    GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos
    GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental
    GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia
    GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade
    GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais
    GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións
    GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC
    GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas
    
    GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
    GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras
    GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas
    GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos
    GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos
    GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións
    GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta
    GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial
    GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada
    GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación
    
    GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS
    GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos
    GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal
    GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo
    GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo
    GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo
    GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais
    GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social
    GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento
    GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais
    GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal
    GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais
    
    GF001.F0005 PATRIMONIO
    GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens
    GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta
    GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións
    GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes
    
    GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos
    GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso
    GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento
    GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables
    GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria
    GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento
    GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros
    GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións
    GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos
    GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos
    GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais
    GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público
    GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva
    GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas
    GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    
    GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO
    GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE
    GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico
    GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística
    GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio
    GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF084  2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
    GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
    GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución
    GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína
    GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas
    
    GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE
    GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural
    GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais
    GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas
    GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos
    GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade
    GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais
    GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades
    GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
    GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio
    GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola
    GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira
    GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira
    GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal
    GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial
    GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística
    GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados
    GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego
    GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor
    GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte
    
    GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
    
    GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS
    GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación
    GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación
    GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais
    GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares
    
    GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER
    GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais
     GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos
    GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer
    GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural
    
    GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN
    GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar
    GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios
    
    GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE
    GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde
    GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social
    GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social
    GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade
    GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios
    GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade
    
    GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ
    GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública
    GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá
    GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas
    GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas
    GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas
    GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.

Puntos de acceso

Área de control da descrición