Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36054.AM.TOM.2.GF001.F0001.SF003
Título 1.1.3. Pleno
Data(s) 1901 - 2017 (Creación) 1901 - (Produción) - 1990 (Produción)
Volume e soporte 101 unidades de instalación; 282 agrupacións documentais; 2959 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tomiño(1836-) O concello de Tomiño está situado no sur da provincia de Pontevedra, a carón do último tramo do río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ten unha superficie superior ós 102 quilómetros cadrados, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación diferenciadas e algo máis de dez mil habitantes, o que supón unha densidade de poboación superior ós 103 habitantes por quilómetros cadrados, superior á media galega. O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, Sobrada, Tomiño e Goián. Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas. Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado. Por outra parte foron varios os intentos de formar entidades locais menores en diferentes parroquias do concello, todos eles sen froito permanente ningún. Todo isto deriva na existencia actual do mesmo concello, formado por igual número de parroquias e co mesmo territorio ca no ano 1836.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tomiño
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tomiño (Tema) (Creador)